Fiz ou Fins[1] é un nome propio masculino na súa variante en galego. Procede do latín: Felix (en grego: Φήλιξ) e significa «aquel que se considera feliz ou afortunado». Acepta as variantes Felicio, Feliciano e Félix; e os femininos: Felisa, Felicia e Feliciana.

San Fiz de Valois, cofundador dos trinitarios.
San Fiz de Xirona, na igrexa de San Fiz de Nigrán.

Orixe

Fiz é o nome dun personaxe bíblico do Novo Testamento:

  • Fiz foi un dos libertos do emperador Claudio, e por el designado para ser procurador de Xudea no 51. Cando Paulo foi enviado preso a Cesarea, mostrouse perante Fiz. (Feitos 23:24, 26; 24:3-27; 25:14).

O nome en Galicia

30 parroquias teñen San Fiz, ben Fiz de Xirona, ben Fiz de Nola, coma patrón, e outras 10 coa variante do nome San Fins.

En xaneiro de 2016 existían 56 varóns en Galicia co nome Fiz, porén a variante Fins está polo de agora en desuso[2].

Equivalencias noutras lingua

Máis información Variantes noutras linguas ...
Variantes noutras linguas
AlemánFelix
CastelánFélix
CatalánFèlix, Feliu
ChecoFelix
EsperantoFelikso
ÉuscaroPeli
FrancésFélix
GalegoFiz ou Fins
GregoΦήλιξ (Félix)
Hebraicoפליקס
HolandésFelix
InglésFelix
ItalianoFelice
LetónFēlikss
LituanoFeliksas
LatínFelix
PolacoFeliks
PortuguésFélix
RusoФеликс (Feliks)
Xeorxianoფელიქს (Pheliks)
Pechar

Santoral

A celebración do santo de Fiz corresponde a diferentes datas para a celebración da súa onomástica, porén as máis tradicionais son: o 14 de xaneiro (S. Fiz de Nola); o 18 de maio (S. Fiz de Cantalicio); o 29 de maio (S. Fiz ermitán español do século VIII nado en Zaragoza); o 30 de maio (S. Fiz I papa); o 5 de xuño (S. Fiz de Frizlar, monxe alemán); o 29 de xullo (S. Fiz II papa e mártir); o 1º de agosto (S. Fiz de Lión); o 22 de setembro (S. Fiz IV papa); o 6 de novembro (S. Fiz mártir africano e S. Fiz freire italiano do século VI); o 20 de novembro (S. Fiz de Valois); o 26 de novembro (S. Fiz de Ravena, bispo).

Personaxes célebres

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.