Florentino López Cuevillas
historiador e escritor galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Florentino López Alonso-Cuevillas, nado en Ourense o 14 de novembro de 1886 e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 1958, foi un historiador e escritor galego. En 1968 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Está considerado o pai da arqueoloxía científica galega. Pertenceu ás Irmandades da Fala, a Xeración Nós e ao Seminario de Estudos Galegos, compaxinando a actividade desempeñada nestas institucións cunha discreta participación política en pro do galeguismo, na época en que se volveu nacionalista trala fase rexionalista.
Nome orixinal | Florentino López Alonso-Cuevillas[1][2][3][4] |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de novembro de 1886 Ourense, España |
Morte | 30 de xullo de 1958 (71 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | católica |
Formación profesional | Farmacia |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Funcionario de Facenda |
Empregador | Irmandades da Fala Seminario de Estudos Galegos Irmandade Nazonalista Galega Partido Nazonalista Republicán de Ourense |
Partido político | Partido Galeguista |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, narrativa |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Milagros Rodríguez Álvarez †23/11/1952 |
Fillos | (3) Elvira, Xulia e Milagros |
Porén, o seu labor socio-político viuse profundamente trastornado trala guerra civil española e a chegada do franquismo, se ben continuou a divulgación da cultura galega a través da Real Academia Galega, da que foi membro numerario[5], e do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Como fixeron o resto de compañeiros da súa xeración, contribuíu á maduración da prosa galega, pero realmente polo que destacou foi polo seu intenso labor dentro do ámbito científico. Catapultado pola obra do alemán Hugo Obermaier (Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia), Cuevillas acometeu a complexa tarefa de desenvolver o campo da arqueoloxía en Galicia co obxectivo de reconstruír e estudar unha parte do tempo que até aquel momento fora esquecida.