Florida española
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Florida española (castelán: La Florida, inglés: Spanish Florida) refírese a un territorio español de Florida, que formou parte da Capitanía Xeneral de Cuba, do Vicerreinado de Nova España e do Imperio Español. Orixinalmente estendida sobre o que hoxe é o sueste dos Estados Unidos, pero sen fronteiras definidas, Florida formaba parte da colonización española de América e da expansión do Imperio Español. Expedicións de amplo alcance desenvolvéronse no hínterland durante o século XVI, pero España nunca obtivo un control completo sobre La Florida máis alá da área que hoxe ocupan os estados de Florida, sur de Xeorxia, sur de Alabama, sur de Mississippi e sueste de Luisiana, nas denominadas Parroquias de Florida. No que respecta ao Texas colonial, pertencía a unha Capitanía Xeneral diferente, polo que non cómpre incluílo aquí.
Localización | |||
---|---|---|---|
Estado desaparecido | Imperio Español | ||
Vicerreinado | Vicerreinado de Nova España | ||
Capital | Saint Augustine (pt) | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Creación | 1513 | ||
Disolución | 1818 | ||
Sucedido por | Florida Oriental | ||