Imperio Español
conxunto de territorios de España en África, Asia, América e Oceanía o longo da historia (1492-1898) / From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase Imperio español ou Monarquía universal española[Nota 1] (comunmente simplificado como Monarquía hispánica, Monarquía de España ou Monarquía española) ó conxunto de territorios de España -ou das dinastías reinantes en España- en África, Asia, América, Europa e Oceanía o longo da historia. Tras o descubrimento de América en 1492, España colonizou grandes extensións de territorio en América, desde o actual suroeste dos Estados Unidos, México, e o Caribe, ata Centroamérica e a maior parte de Suramérica. Estes territorios agrupáronse inicialmente en dous vicerreinados, o da Nova España e o do Perú. Co descubrimento e asentamento de varios arquipélagos do Pacífico a finais do século xvi, incorporáronse ao imperio as Indias Orientais Españolas formadas por Filipinas, Guam e as Illas Marianas, así como as Carolinas e Palau baixo a xurisdición da Nova España.
Monarquía universal española(Monarquía hispánica /Monarquía de España /Monarquía española) (es) | ||||
Himno | Marcha Real | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Capital | Valladolid city (en) Toledo Madrid city (en) (1606–) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 60.000.000 (1790) (3 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua castelá | |||
Relixión | Igrexa católica latina e catolicismo | |||
Xeografía | ||||
Parte de | Dinastía filipina (1580–1640) | |||
Superficie | 20.000.000 km² | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Fundador | Reis Católicos | |||
Creación | 12 de outubro de 1492 | |||
Disolución | 2 de xuño de 1899 | |||
Sucedido por | España | |||
Evento clave | ||||
Santo padrón | Inmaculada Concepción | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | polysynodal monarchy (en) (1516–1705) unión persoal (1492–1516) monarquía absoluta (1705–) | |||
Moeda | Real español | |||
Alcanzou os 20 millóns de quilómetros cadrados[2] a finais do século xviii, aínda que a súa máxima expansión produciuse entre os anos 1580 e 1640, durante os reinados de Filipe II, III e IV. Durante os séculos xvi e xvii creou unha estrutura propia, aínda así non se chamou imperio colonial ata o ano 1768,[Nota 2] sendo no século xix cando adquire estrutura puramente colonial.
Non existe unha postura unánime entre os historiadores sobre os territorios concretos de España porque, en ocasións, resulta difícil delimitar se determinado lugar era parte de España ou formaba parte das posesións do rei de España, ou se o territorio era unha posesión efectiva ou xurídica, en épocas que abarcan séculos, incorporados de forma distinta, herdados ou conquistados, e nas que non estaban igualmente definidas a diferenza entre as posesións do rei e as da nación, como tampouco o estaba a facenda ou a herdanza nin o dereito internacional. Así, tradicionalmente considéranse os Países Baixos como parte do mesmo [3][4] (tese maioritaria en España e os Países Baixos entre outros); pero existen autores como Henry Kamen que proclaman que eses territorios nunca se integraron no Imperio español, senón nas posesións persoais dos Austrias.[5] Malia todo, o que a Monarquía Hispánica fora unha monarquía autoritaria, case absolutista, fai que a tese máis lóxica sexa a de que todas as posesións do rei eran posesións da nación. De feito non se pode falar dunha separación do escudo nacional e o escudo real ata ben entrado o século xix, o cal pon de manifesto que o rei de España era practicamente o mesmo que o estado, atendendo ás delimitacións do réxime polisinodial polo que se rexía o Imperio español.
O Imperio Español foi o primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abranguía posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorría no Imperio Romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra unhas coas outras.
Os españois comezaran as súas exploracións polo occidente, co descubrimento das Indias Occidentais por Cristovo Colón, en 1492 e iniciaran inmediatamente a colonización forzada do continente americano. A mediados do século xvi, España controlaba case toda a zona costeira das Américas, desde Alasca á Patagonia, no occidente, e desde o actual estado estadounidense de Xeorxia, toda a América Central e o Caribe ata a Arxentina, con excepción do Brasil, que Portugal conseguira manter grazas á mediación do Papa (ver Tratado de Tordesillas).