Follas novas
obra literaria de Rosalía de Castro / From Wikipedia, the free encyclopedia
Follas novas é un poemario en lingua galega de Rosalía de Castro, publicado por vez primeira en 1880, editado por La Propaganda Literaria de Alejandro Chao na Habana, Cuba, e impreso en Madrid, con prólogo de Emilio Castelar.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Follas Novas (homónimos).
Datos rápidos Follas novas, Título orixinal ...
Follas novas | |
---|---|
Texto completo, en pdf. | |
Título orixinal | Follas novas |
Autor/a | Rosalía Castro de Murguía |
Orixe | A Habana, Cuba |
Lingua | galego |
Xénero(s) | poesía |
Editorial | La Propaganda Literaria |
Data de pub. | 1880 |
Páxinas | 272 |
Precedido por | El caballero de las botas azules |
Seguido por | El primer loco |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Rosalía concibiu nun comezo este poemario como unha continuación de Cantares gallegos: O 50% dos poemas de Follas novas teñen afinidade co texto publicado en 1863,[Cómpre referencia] mentres que o resto das composicións presentan un diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos, xa que logo, ante unha poética que afonda nos sentimentos, na saudade e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira do propio ser:
- En todo estás e ti es todo
- pra min e en min mesma moras,
- nin me abandonarás nunca,
- sombra que sempre me asombras.