Formación rochosa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha formación rochosa, en xeomorfoloxía, é un accidente que describe afloramentos rochosos illados, que en xeral destacan polas súas cualidades paisaxísticas. Son xeralmente o resultado da meteorización e a erosión que foron esculpindo a rocha existente. O termo pode referirse tamén a determinados estratos sedimentarios ou a unha unidade de rocha noutros estudos estratigráficos e petrolóxicos.
Pode orixinarse unha estrutura rochosa peculiar en calquera tipo ou combinación de rochas:
- As rochas sedimentarias foron creadas a partir de fragmentos de rochas que se desprenderon doutras rochas por erosión eólica e hídrica, e que logo foron depositados polo vento, o xeo ou a auga. A erosión deixounas expostas logo na súa forma actual. Un exemplo son as formacións do Parque nacional do Canyon Bryce, en Utah.
- As rochas metamórficas creáronse por rochas que se transformaron noutro tipo de rochas, xeralmente debido á calor e presión. Un exemplo son as Seneca Rocks en Virxinia Occidental.
- As rochas ígneas creáronse cando a rocha fundida arrefriou e solidificou, con ou sen cristalización. Poden ser plutónicas ou extrusivas. De novo, foron as forzas erosivas as que esculpiron as súas formas actuais. Un exemplo é o Half Dome do Parque nacional de Yosemite.
Os xeólogos crearon unha serie de termos para describir as diferentes estruturas de rochas na paisaxe que se poden formar por procesos naturais, moitas delas de uso local que describen accidentes xeomorfolóxicos máis ou menos similares con certas particularidades rexionais:
- Inselberg (do alemán 'montaña illa'), accidente do relevo residual. Pode ser tanto un outeiro illado, coma unha pequena elevación, crista ou pequena montaña que se eleva abruptamente, ou unha illa, e ten unha suave pendente ou está practicamente ao mesmo nivel do mar que a rodea. Uluru/Ayers Rock, en Australia, é un exemplo salientable.
- Pico piramidal (horn)
- Farallón ou stack
- Mesa (xeomorfoloxía)
- Butte
- Escarpa
- Barranco
- Acantilado (mariño ou de río)
- Río de pedras
- Promontorio
- Tor