Uluru
formación rochosa en Australia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parque Nacional Uluṟu-Kata Tjuṯa é unha área protexida no Territorio do Norte de Australia. O parque é a localización tanto de Uluru (en pitjantjatjara: Uluṟu) tamén coñecido como Ayers Rock,[1] como de Kata Tjuta. Uluru é unha gran formación rochosa de arenita na parte sur do Territorio do Norte, no centro de Australia. Está situado a 1943 km. por estrada ao sur de Darwin, Australia e a 440 km. ao suroeste de Alice Springs ao longo das autoestradas Stuart e Lasseter. O parque abarca 1 326 kilometros cadrados (512 sq mi) e inclúe os sitios dos que recibe o nome: Uluru e, 40 km. ao oeste, Kata Tjuta. O lugar está catalogado como Patrimonio da Humanidade da UNESCO como patrimonio natural e paisaxe cultural.
Uluru | |
---|---|
Vista aérea de Uluru | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Australia |
Localización | 25°20′42″S 131°2′10″L |
Tipo | Cultural |
Criterios | (iv) |
Inscrición | 1987 (sesión XI) |
Rexión da UNESCO | Oceanía |
Identificador | 447 |
Uluru é un lugar sagrado dos pitjantjatjara anangu, os aborixes da área. A zona que arrodea a formación rochosa contén numerosas fontes, así como pozas, covas e pinturas antigas. Uluru e Kata Tjuta, tamén coñecido como Olgas, son as dúas principais atraccións do Parque Nacional Uluṟu-Kata Tjuṯa.