Forzas especiais
From Wikipedia, the free encyclopedia
As forzas especiais, forzas de operacións especiais ou forza de elite, son unidades militares áxiles e versátiles adestradas e formadas para levar a cabo unha serie de tarefas específicas, que van dende as «operacións especiais»[1][2][3] dentro dun conflito convencional ás que implican a guerra non convencional. Polo xeral, as forzas especiais teñen unha formación máis ampla e con frecuencia equipos máis avanzados que as forzas convencionais.[1][4] Adáptanse para operar como forzas asimétricas e son quen de operar de forma independente, ou en apoio directo de calquera das forzas militares convencionais ou doutros elementos gobernamentais. Son activos de alto valor, comandados a nivel estratéxico e que ofrecen importantes resultados non proporcionais co seu reducido tamaño.[5]
Unha unidade de forzas especiais está adestrada para levar a cabo misións de combate de acción directa e indirecta. As operacións de acción directa son operacións ofensivas e cobren un amplo espectro de operacións. As operacións indirectas son habitualmente de recoñecemento, destinadas á obtención de información. Operan sobre a base de grupos pequenos, dependendo da misión, con grande autonomía.