particula elemental, portadora e cuanto do electromagnetismo From Wikipedia, the free encyclopedia
O fotón[1] é o cuanto de radiación electromagnética. Vén representado por unha función de ondas simétrica, polo que se di que é un bosón. Non posúe masa en repouso. Ten unha enerxía directamente relacionada coa súa frecuencia pola ecuación: . Ademais posúe un momento: .
A disciplina da física que trata o seu comportamento de xeito rigoroso é a electrodinámica cuántica.
Outras ramas da física abordan este tratamento en determinadas condicións que permiten aproximacións e a construción de modelos adecuados. Unha destas deriva do seu nome: a fotónica. É unha disciplina relacionada co estudo do seu comportamento no rango de frecuencias ópticas, especialmente os aspectos relacionados coa súa interacción coa materia, e que se pode considerar coma unha importante rama da óptica. Confúndese coa denominada optoelectrónica.
O termo foi usado por vez primeira por Gilbert Lewis nun artigo na revista Nature en decembro de 1926.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.