Neutrón
partícula subatómica From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O neutrón é unha partícula subatómica sen carga neta, presente no núcleo atómico de practicamente todos os átomos, excepto o protio. Aínda que se di que o neutrón non ten carga, en realidade está composto por tres partículas fundamentais cargadas, chamadas quarks, cuxas cargas sumadas son cero.
Un neutrón é un barión neutro formado por dous quarks down e un quark up. Forma, xunto cos protóns os núcleos atómicos. Fóra do núcleo atómico é inestable e ten unha vida media duns 14 minutos[1] emitindo un electrón e un antineutrino para converterse nun protón. A súa masa é moi similar á do protón.
Algunhas das súas propiedades:
- Masa: mn = 1.672x10−24g
- Vida media: tn = 886.7 ± 1.9 s
- Momento magnético: mn = -1.9130427 ± 0.0000005 mN
- Carga eléctrica: qn = (-0.4 ± 1.1) x 10−21 e
O neutrón é necesario para a estabilidade de case tódolos núcleos atómicos (a única excepción é o hidróxeno), xa que interactúa fortemente atraéndose con neutróns e protóns, pero non se repele con ningún, como si o fan os protóns, que se atraen nuclearmente pero repélense electrostaticamente.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads