From Wikipedia, the free encyclopedia
François Emmanuel Joseph Bazin, nado en Marsella o 4 de setembro de 1816 e finado en París o 2 de xullo de 1878, foi un compositor e pedagogo francés. Compuxo nove óperas cómicas, un oratorio, unha misa e diversas cancións corais nun estilo romántico.
(1865) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1816 Marsella, Francia |
Morte | 2 de xullo de 1878 (61 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 32 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Conservatorio de París |
Actividade | |
Ocupación | compositor , profesor de música , director de orquestra |
Empregador | Conservatorio de París |
Membro de | Academia de Belas Artes (1873–1878) |
Xénero artístico | Ópera |
Movemento | Música clásica |
Profesores | Victor Dourlen (pt) , Jacques Fromental Halévy (pt) e Henri-Montan Berton (pt) |
Alumnos | Jules Massenet, Théodore Dubois (pt) e Adolphe Danhauser (pt) |
Lingua | Lingua francesa |
Premios | |
Fillo dun funcionario marsellés, en 1836 ingresou no Conservatorio de París, onde foi alumno de Daniel Auber. Tras finalizar os seus estudos ensinou no conservatorio parisiense, sendo sucedido despois polo seu propio alumno Émile Durand. Entre outros dos seus alumnos cómpre destacar a Dominique Ducharme, Charles Lecocq, Adolphe Danhauser, Paul Rougnon, André Wormser, Georges Mathias, ou Théodore Salomé.
En 1840, con 23 anos de idade, gañou o Prix de Rome coa súa cantata Loyse de Monfort, polo que marchou a Italia coa bolsa do premio. Le voyage en Chine, que foi estreada na Opéra-Comique de París, é a súa composición máis coñecida, e continuou a ser representada no século XX. Aínda que moitas das súas óperas lixeiras foron populares durante a súa vida, actualmente rara vez se representan. Algunhas das súas arias son interpretadas ocasianalmente na actualidade, entre as que destaca "Je pense à vous" de Maître Pathelin, gravada por Roberto Alagna.
Logo de 1860 substituíu a Charles Gounod, quen renunciara á dirección do orfeón municipal de París, sendo substituído por Adolphe Danhauser na institución logo da súa morte en 1878.
En 1873 converteuse en membro do Institut de France e recibiu a distinción de Cabaleiro da Lexión de Honor. Bazin morreu aos 61 anos cando traballaba en París e os seus restos están no Cemiterio do Père-Lachaise da capital francesa. Estudou no conservatorio de París e ao rematar marchou a Italia, ao volver foi profesor de canto no conservatorio e dende 1849 profesor de harmonía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.