From Wikipedia, the free encyclopedia
A frieiresa é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, con 947 exemplares (2022) distribuídos en 22 ganderías. É unha raza típica da provincia de Ourense.
Agrupa animais de tamaño medio a grande, de perfil subcóncavo a cóncavo. O peso medio é de 600 kg para as femias e de 860 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 131 cm para as femias e de 141 cm para os machos. A cabeza é pequena e curta, con testa saínte e fronte e morro anchos. Os cornos son longos, orientados cara a adiante e cara a abaixo. Ten pescozo delgado, tronco longo e harmónico, dorso e lombo anchos, peito amplo, tórax profundo, costelares arqueados e ventre de gran capacidade. As extremidades son de lonxitude media, asentadas, ben verticais. Os ubres teñen bo tamaño, con tetos de implantación correcta. A súa capa é castaña lavada, con pelo longo e abundante na rexión frontal, formando unha guedella loira característica.
Ano | Femias | Machos | Total | Ganderías |
---|---|---|---|---|
2009 | 536 | 119 | 655 | 29 |
2010 | 616 | 156 | 772 | 32 |
2011 | 689 | 166 | 855 | 33 |
2012 | 706 | 139 | 845 | 34 |
2013 | 634 | 120 | 754 | 31 |
2014 | 594 | 79 | 673 | 30 |
2015 | 700 | 89 | 789 | 28 |
2016 | 737 | 104 | 841 | 28 |
2017 | 786 | 117 | 903 | 28 |
2018 | 758 | 111 | 869 | 28 |
2019 | 750 | 133 | 883 | 26 |
2020 | 793 | 148 | 941 | 27 |
2021 | 792 | 139 | 931 | 23 |
2022 | 783 | 164 | 947 | 22 |
Gráfica de evolución demográfica da vaca frieiresa entre 2009 e 2022 |
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[1] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.