Físico, física
científico que se dedica ao estudo das ciencias físicas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Físico é o nome común que se lles dá aos científicos e profesionais que se dedican á área das ciencias físicas ou a actividades económicas relacionadas coa aplicación das mesmas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Historicamente, podería considerarse a Galileo Galilei como unha das primeiras persoas cuxo perfil se axusta ao do físico moderno. Galileo foi un dos primeiros en estudar as cuestións acerca do mundo material mediante o método científico. A cuestión que abordou Galileo foi a "caída dos graves" (caída libre dos corpos "graves" ou "pesados", non como as plumas ou follas). Foi un dos primeiros en dar coa ecuación correcta que relacionaba a distancia percorrida por un grave en caída libre en función do tempo.
Aristóteles escribiu o primeiro tratado chamado "Física" que se baseaba na observación e a abstracción, pero non tomaba en conta a experimentación, polo cal, non se lle pode considerar como un físico no sentido moderno do termo.
O termo "físico" foi acuñado en 1840 por William Whewell no seu libro The Philosophy of the Inductive Sciences.[1]