escritor ruso From Wikipedia, the free encyclopedia
Nikolai Vasilevich Gogol (en ruso: Николай Васильевич Гоголь), nado en Sorochyntsi (Ucraína) o 31 de marzo de 1809 e morto en Moscova o 4 de marzo de 1852, foi un escritor en lingua rusa.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Nome orixinal | (uk) Микола Васильович Гоголь-Яновський гербу Яструбець |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (uk) Микола Васильович Яновський 31 de marzo de 1809 Velyki Sorochyntsi (en) |
Morte | 4 de marzo de 1852 Moscova |
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii (1931–) 55°43′28″N 37°33′18″L Mosteiro de Danilov (pt) (–1931) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Educación | Imperial St. Petersburg University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Prosa, belas letras e crítica literaria |
Ocupación | dramaturgo , poeta , prosista , xornalista de opinión , mestre , historiador , crítico literario , escritor |
Período de actividade | 1827 - 1852 |
Empregador | Imperial St. Petersburg University (en) |
Xénero artístico | Drama e Prosa |
Profesores | Nikolay Belousov (en) |
Influencias | |
Pseudónimo literario | В. Алов Г. Янов N. N. ОООО П. Глечик Н. Г. *** |
Lingua | Lingua rusa e lingua ucraína |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Vasyl Panasovych Gogol-Yanovsky (en) e Mariia Hohol (en) |
|
Naceu nunca familia pertencente a baixa nobreza campesiña rutena na gobernación de Poltava (hoxe Ucraína). Despois de realizar uns estudos pouco brillantes, atopou emprego nun ministerio e, en 1820, marchou a vivir a San Petersburgo, onde traballou como funcionario público. Aló profesou a amizade con Puschkin, dándose a coñecer entre os círculos literarios locais. Viviu en San Petersburgo gran parte da súa vida.
O seu afastamento de Ucraína e a nostalxia inspiráronlle as Вечера на хуторе близ Диканьки (Vechera na khutore bliz Dikan'ki; en galego, Seráns nun casarío preto de Dikanka), (1831-1832), e a súa experiencia laboral inspiroulle a obra Шинель (Shinel, O capote) (1843), cuxo heroe, Akaki Akakiévitch, se converteu no arquetipo do pequeno funcionario ruso. Foi profesor de historia na Universidade de San Petesburgo de 1831 a 1835. Durante este período publicou numerosas noticias, coas coleccións Арабески (en galego, Arabescos) e Mirgorod. En 1836 publicou con grande éxito a súa obra teatral Ревизор (O Inspector), aplaudida polos liberais e atacada polos reaccionarios.
Gogol séntese incomprendido tanto por aqueles que o apoian como polos que o critican. Desconcertado, comeza unha viaxe a través de Europa. Entre 1836 e 1848 viviu principalmente en Roma, viaxando por Alemaña, Suíza, Francia e a propia Italia. Alí comezou, partindo dunha idea do seu amigo Puschkin, a escribir unha novela que é considerada coma o seu mellor traballo e unha das maiores novelas da literatura universal, As almas mortas. Tratou de publicala en 1841 pero o comité moscovita de censura prohibiullo. O libro non aparecerá ata 1842, despois da intervención dos seus amigos e de varias revisións. Máis alá da estafa proxectada polo heroe, bastante rara -as almas son un termo administrativo que designa aos servos, e a posesión de almas mortas pode ser interesante para obter un préstamo garantido sobre elas- esta novela é unha descrición sen concesión da Rusia profunda, unha sátira ás veces desapiadada, pero onde a mirada de fondo, de xeito permanente, é o amor profundo de Gogol a Rusia.
De inestable personalidade, vítima de profundas e longas crises depresivas, continúa o seu devagar por Europa e empeora o seu estado de saúde. Nesta época acrecentouse o seu interese polo misticismo o que o leva a viaxar a Terra Santa.
Ao seu regreso a Moscova escribe a segunda parte d' As almas mortas e cae baixo a influencia dun sacerdote fanático, o cal o convence de que as súas obras narrativas eran pecaminosas. A raíz disto, en febreiro de 1852, destrúe gran cantidade dos seus manuscritos inéditos, entre eles a segunda parte d' As almas mortas.
Morreu o 4 de marzo de 1852, en Moscova. Foi enterrado no cemiterio de Novodevitchi.
Na súa época foi considerado por uns como escritor romántico e por outros precursor do realismo; liberal para uns, reaccionario para os outros; na actualidade é considerado o primeiro (cronoloxicamente) gran prosista e novelista ruso.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.