Gagaku
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gagaku (雅楽?), literalmente "música elegante", é un tipo de música clásica xaponesa que se interpreta na corte imperial e que ten trece séculos de desenvolvemento ininterrompido. Na actualidade non só conserva o repertorio tradicional senón que ademais é unha importante fonte para a música contemporánea. Está formado por tres partes básicas: música relixiosa xintoísta nativa e temas folclóricos, saibara; unha forma coreana (máis precisamente cancións de orixe coreana e manchú), komagaku; e unha forma chinesa (especificamente da dinastía Tang), togaku. Polo século VII introdúcense no Xapón desde a China, o gakuso (cítara) e o gakubiwa (tipo de laúde), os cales foron utilizados desde moi cedo no gagaku.
Gagaku | |
---|---|
Damas da Corte Imperial realizando a danza da bolboreta (kochōraku), gravado de 1867. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | N/D |
Localización | N/D |
Criterios | Criterios |
Inscrición | N/D |
Identificador | 00265 |
O gagaku foi inscrito en 2009 na Lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade da UNESCO.[1]