A gaivota pequena[2][3] (Hydrocoloeus minutus) é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Gaivota pequena
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Hydrocoloeus
Kaup, 1829
Especie: H. minutus
Nome binomial
Hydrocoloeus minutus
(Pallas, 1776, ríos de Siberia)
Distribución da H. minutus
Distribución da H. minutus

Distribución da H. minutus
Sinonimia

Larus minutus Pallas, 1776

Pechar
Hydrocoloeus minutus

Características

Cría en colonias pequenas próximas a cursos de auga doce[4]. Aliméntase na superficie da auga ou caza pequenos insectos voando. O niño adoita localizarse entre a vexetación[4]. É unha gaivota moi pequena, que se move con movementos rápidos.[4] En voo pódese chegar a confundir cun carrán. Os individuos tardan tres anos en acadar a plumaxe de adulto. Esta plumaxe caracterízase sobre todo pola cabeza, peteiro e ollo completamente negros[4].

Distribución e migracións

Cría no norte de Rusia, na Siberia Occidental, Finlandia e puntos illados de Escandinavia e dos países do Báltico[4]. Tamén cría en puntos illados do mar Negro e do mar de Azov. Recentemente tense documentado a cría na provincia canadense de Ontario. Os individuos do Báltico adoitan migrar en xullo, desprazándose por todo o mar do Norte e a canle da Mancha. Estas aves invernan por toda a costa atlántica de Europa Occidental e chegan ata o golfo de Guinea.[5] As aves do leste de Europa e Rusia migran cara ó sur e invernan en África.[5] Existe unha terceira tendencia migratoria, de menor importancia, de aves que se desprazan polos ríos da Europa Central, invernando nas costas do Mediterráneo Occidental e Central, tanto nas ribeiras europeas coma nas africanas. Na primavera prodúcese a migración contraria que adoita ocorrer entre os meses de marzo e maio[5].

En Galicia

É unha ave escasa e de distribución irregular[5]. Máis frecuente na migración invernal, con citas entre os meses de novembro e xaneiro[5]. A migración primaveral é aínda máis escasa, con citas históricas entre os meses de marzo e maio[5]. As citas limítanse ás provincias de Coruña e Pontevedra, téndose localizado en portos pesqueiros e lagoas costeiras[5].

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.