Galego-portugués
lingua medieval do noroeste da Península Ibérica / From Wikipedia, the free encyclopedia
O galego antigo,[1] galego medieval[1] ou galego-portugués (tamén chamado galaico-portugués) é a lingua medieval que se falou no noroeste da Península Ibérica que deu lugar ó galego e portugués actuais. Procedía do latín falado na Gallaecia[2] e foi introducido polos colonizadores romanos. É polo tanto unha lingua romance. Tivo especial relevancia cultural durante varios séculos, e disto dan fe os textos medievais conservados nesta lingua.
Galego-portugués | ||
---|---|---|
Falado en: | Reino de Galicia, Condado Portucalense | |
Extinción: | En 1400 dividiuse en galego, fala e Portugués. | |
Familia: | Itálica Románica Italo-occidental Occidental Galo-ibérica Ibero-románica Galego-portugués | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Lingua galego-portuguesa no mapa político da Península Ibérica cara ao século X, antes da separación lingüística das dúas variedades. | ||
Status | ||
A lingua considérase formada no século VIII, principalmente coma desenvolvemento do latín vulgar falado polos conquistadores romanos a partir do século II d. C.[Cómpre referencia]
O documento da lírica galego-portuguesa máis antigo parece ser a cantiga satírica "Ora faz ost'o senhor de Navarra" de Johan Soarez de Pávia, datado en 1196 por algúns expertos. As recompilacións líricas medievais galego-portuguesas máis importantes que se conservan hoxe son o Cancioneiro da Ajuda, o Cancioneiro da Vaticana, o Cancioneiro Colocci-Brancutti e as Cantigas de Santa María.
O rei Afonso X o Sabio, de Castela, coordinou as Cantigas de Santa María en galego-portugués, que daquela era a lingua por excelencia para a lírica nos reinos de Galicia, León e Castela (estando o reino de Aragón na zona de influencia da literatura occitana). Tamén compuxo algunhas cantigas de amor, mais ningunha de amigo.
Algúns poetas salientábeis incline Bernal de Bonaval, Airas Nunez, Pero da Ponte, Pero Amigo, Xohán de Cangas, e Martín Codax.
O galego-portugués tivo a súa máxima importancia dende finais do s. XII ata mediado o s. XIV.