Nave espacial estadounidense adicada á exploración de Xúpiter. From Wikipedia, the free encyclopedia
Galileo foi unha nave espacial estadounidense lanzada cara Xúpiter o 18 de outubro de 1989 mediante o transbordador espacial Atlantis desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, na misión STS-34. Foi nomeada en honor de Galileo Galilei.[2][5][6]
Galileo | |
---|---|
Representación artística da nave Galileo no sistema de Xúpiter. A antena de alta ganancia está despregada, pero na realidade esta antena non chegou a despregarse de todo. | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera de Xúpiter.[1] |
Data de lanzamento | 18 de outubro de 1989, 16:53 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial Atlantis[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2] |
Obxectivo da misión | Estudo de Xúpiter e as súas lúas.[2] |
Decaemento | 21 de setembro de 2003[5] |
NSSDC ID | 1989-084B |
Masa | 2380,0 kg[2][6] |
Potencia | 570 vatios[2] |
A Galileo foi lanzada coa misión de facer un estudo en profundidade do sistema xoviano, incluíndo a atmosfera do planeta, a súa magnetosfera e os seus satélites. A bordo levaba unha sonda deseñada para descender a través da atmosfera de Xúpiter e tomar datos a unha profundidade de ata 100 km. A sonda sería liberada da nave principal antes da inserción en órbita de Xúpiter. Ademais, Galileo fixo tarefas adicionais, como o sobrevoo de dous asteroides do cinto principal e a observación do impacto do cometa Shoemaker-Levy 9 contra Xúpiter en xullo de 1994.[6]
Dado que non existía un foguete o suficientemente potente para envialo directamente cara Xúpiter, Galileo fixo varios sobrevoos de Venus e a Terra para acelerar e obter a velocidade suficiente para chegar ao planeta destino, nunha órbita que se denominou VEEGA (Venus-Earth-Earth Gravity Assist, Asistencia Gravitatoria Venus-Terra-Terra). Galileo aproveitou para facer observacións científicas durante os sobrevoos.[5]
Durante a etapa de voo interplanetario, o 11 de abril de 1991, descubriuse que a antena de alta ganancia, que ía pregada para quedar protexida da radiación solar nos primeiros momentos da misión, non se despregara correctamente, condenando a misión a usar a antena de baixa ganancia e proporcionar un retorno científico reducido. O problema da antena compensouse en parte con melloras no software de a bordo da nave e coa extensión da duración da misión en varias ocasións.[6]
Galileo atopouse cos asteroides 951 Gaspra (outubro de 1991) e 234 Ida (agosto de 1993) e foi a única nave situada na posición adecuada para observar o impacto en directo da cometa Shoemaker-Levy 9 contra a parte nocturna de Xúpiter. A sonda atmosférica foi soltada da nave principal o 12 de xullo de 1995, entrando na atmosfera xoviana o 7 de decembro dese mesmo ano.[6]
Ademais do problema da antena, o 11 de outubro de 1995 a cinta magnética na que Galileo rexistraba datos comezou a dar problemas, que puideron ser resoltos.[6]
A nave estabilizábase mediante rotación dual: unha parte da nave rotaba continuamente a 3 r.p.m., mentres que a outra podía rotar ou permanecer estática. A parte en rotación permanente albergaba os instrumentos de campos e partículas, o sistema de propulsión, os ordenadores e a maior parte dos sistemas de soporte. A outra parte proporcionaba unha plataforma estable para os instrumentos que necesitaban apuntado, como o sensor estelar, as cámaras e os xiroscopios.[6]
O sistema de propulsión, construído na República Federal de Alemaña, estaba formado por 12 propulsores de 10 N de pulo e un motor principal de 400 N. As comunicacións en banda S tiñan lugar mediante dúas antenas omnidireccionais de baixa ganancia capaces dunha velocidade de ata 40 bps. A antena de alta ganancia, que fallou en despregarse, tería tido 4,8 m de diámetro e tería permitido velocidades de máis de 100 kbps. Os ordenadores de a bordo eran redundantes para aumentar a fiabilidade e a protección contra fallos.[6]
A alimentación eléctrica era proporcionada por dous xeradores termoeléctrico de radioisótopos (RTG polas siglas en inglés) que proporcionaban 570 vatios de potencia ao inicio da misión e 485 cara ao final. A nave tiña un mastro de 11 m de lonxitude no que se aloxaban algúns dos instrumentos científicos.[6]
Galileo foi dirixida a unha reentrada atmosférica en Xúpiter o 21 de setembro de 2003 como medida para evitar unha hipotética contaminación do satélite Europa unha vez finalizada a misión da nave.[6]
Galileo levaba os seguintes instrumentos:[6]
A sonda atmosférica estaba composta por un módulo de frenado que incluía un escudo térmico e un cobertor posterior para a reentrada e o control térmico. Un paracaídas de 2,5 m de diámetro frenaba a sonda despois da expulsión do escudo e o cobertor. A sonda dispoñía de transmisores redundantes en banda L, un paquete de instrumentos e baterías de sulfuro de litio cunha capacidade total de 18 Ahr. A taxa de datos cara a Galileo era de ata 128 bps. A sonda contiña os seguintes instrumentos:[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.