Game of Thrones
serie de televisión americana de fantasía medieval / From Wikipedia, the free encyclopedia
Game of Thrones é unha serie de televisión estadounidense de fantasía medieval creada para a canle HBO por David Benioff e D. B. Weiss. Está baseada na obra do autor George R. R. Martin A Song of Ice and Fire, unha serie de novelas de fantasía, a primeira das cales se chama A Game of Thrones. A serie rodouse en Paint Hall Studios de Belfast, e en diversas localizacións en Irlanda do Norte, Malta, Croacia, Islandia, España,[5] os Estados Unidos e Marrocos.[6] A primeira tempada foi estreada nos Estados Unidos o 17 de abril de 2011, e rematou o 19 de maio de 2019 coa oitava tempada, que se estreou o 14 de abril de 2019.[7][8]
Formato | Fantasía Drama |
---|---|
Creado por | Serie: David Benioff D. B. Weiss Novelas: George R. R. Martin |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes | Ver lista de personaxes de Game of Thrones |
Tema de apertura | Ramin Djawadi |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 8 |
Episodios | 73 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | Irlanda do Norte Malta Croacia Islandia España Marrocos Escocia Estados Unidos Canadá[1][2][3][4] |
Duración | 50-82 minutos |
Distribuidor | Warner Bros. Television Distribution |
Canle de orixe | HBO |
Formato de imaxe | 1080i (HDTV) |
Primeiro episodio | 17 de abril de 2011 |
Derradeiro episodio | 19 de maio de 2019 |
Na rede | |
https://www.hbo.com/game-of-thrones | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A serie, ambientada nos continentes ficticios de Westeros e Essos ten varias liñas argumentais e un grande elenco, mais segue tres historias arco principais. A primeira é sobre o Trono de Ferro dos Sete Reinos, e conta a rede de alianzas e conflitos entre as dinastías nobres que loitan por reclamar o trono ou por manter a súa independencia. A segunda historia céntrase na derradeira descendente da dinastía real derrocada, que foi exiliada e desexa regresar ó trono. A terceira historia arco trata sobre Night's Watch, unha irmandade que defende os reinos dos salvaxes e das criaturas que habitan no norte.
Game of Thrones conseguiu un gran número de espectadores a través da HBO, e gañou tamén unha importante base de fans internacionais. Recibiu ademais moitos eloxios da crítica, particularmente polas actuacións, personaxes complexos, historia, ambientación e produción, malia que o seu frecuente uso de espidos e violencia (incluíndo violencia sexual) atraeu o criticismo. A serie gañou varios galardóns e nomeamentos, incluíndo 47 Premios Primetime Emmy, incluíndo Primetime Emmy á mellor serie dramática en 2015, 2016 e 2018, cinco nomeamentos ó Globo de Ouro á mellor serie-Drama (2012 e 2015–2018), tres nomeamentos ó Hugo á mellor representación dramática (2012–2014) e un ó Premio Peabody. Entre os membros do elenco, Peter Dinklage gañou tres Primetime Emmy ó mellor actor secundario - Serie dramática (2011, 2015 e 2018) e un Globo de Ouro ó mellor actor secundario de serie, miniserie ou telefilme (2012) polo seu papel de Tyrion Lannister. Lena Headey, Emilia Clarke, Kit Harington, Maisie Williams, Diana Rigg e Max von Sydow tamén recibiron nomeamentos ós Emmy polas súas interpretacións.