Gemini 10
misión espacial tripulada dos Estados Unidos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gemini 10 foi unha das misións tripuladas do programa Gemini. A tripulación da Gemini 10 estaba formada por John Young e Michael Collins, sendo a tripulación de apoio Clifton Williams e Alan Bean. Durante a misión realizouse a primeira cita espacial con dúas naves diferentes (entre a nave Gemini e os GATV 10 e GATV 8) no mesmo voo e o primeiro paseo espacial dunha nave a outra, feito por Collins (de dous que levou a cabo), recuperando un experimento sobre micrometeoritos. Tamén marcou un récord de altitude no seu momento, alcanzando os 764 km de altura.[2][6]
Datos rápidos Tipo, Organización ...
Gemini 10 | |
---|---|
Insignia da misión Gemini 10 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 18 de xullo de 1966, 22:20:26.648 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Titan II GLV[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-19[2] |
Duración da misión | 2,95 días (70 horas, 46 minutos e 39 segundos)[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos e prácticas de manobras con nave tripulada.[2] |
Decaemento | 21 de xullo de 1966[1] |
NSSDC ID | 1966-066A |
Masa | 3762,6 kg[2][6] |
Pechar