From Wikipedia, the free encyclopedia
General Electric ou (GE, General Electric Company) é unha corporación multinacional estadounidense fundada en Nova York e con sede en Connecticut.[1]
General Electric Company | |
---|---|
(Traballo imaxinativo) | |
Tipo | Empresa Pública |
Fundación | 1892 Schenectady, Nova York Estados Unidos |
Localización | Fairfield, Connecticut, Estados Unidos |
Fundador | Charles Coffin, Edwin Houston, Elihu Thomson, Thomas Alva Edison |
Persoas clave | Jeffrey R. Immelt (presidente) |
Industria | Tecnoloxía |
Produtos | Electrónica Locomotoras Reactores Nucleares Turbinas Armamento Electrodomésticos |
Número de empregados | 301.000 (2011) |
Na rede | |
https://www.ge.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A empresa opera en catro sectores:
En 1890, Thomas Alva Edison xuntara varios dos seus negocios baixo unha corporación para formar Edison General Electric. Case ao mesmo tempo, Charles Coffin, dirixindo Thomson-Houston Electric Company, adquiriu un bo número de competidores e tivo acceso ás súas patentes clave.[1]
General Electric foi formada pola fusión en 1892 de Edison General Electric en Schenectady, Nova York, e Thomson-Houston Electric Company de Lynn, Massachusetts. Ámbalas plantas continúan operando baixo a marca de GE hoxe en día. A empresa foi fundada en Nova York, coa planta de Schenectady utilizada como sede durante moitos anos.
En 1910 a compañía comezou a produción en masa das lámpadas de filamento de tungsteno (a patente para o uso de filamentos incandescentes mercáronlla ao inventor ruso AN Lodygina en 1906).
En 1925 saca ao mercado o primeiro refrixerador para o fogar.
En 1928 abre unha emisora de radio e comeza a transmisión de programas de televisión.
En 1942 proba o seu primeiro motor a reacción.
En 1947 comeza a produción masiva de lavadoras automáticas.
En 1960 a compañía produce unha metralladora M134 Minigun, un dos seus produtos emblemáticos.
GE ten unha ampla historia de traballo con turbinas no campo de xeración de enerxía. A compañía introduciu os primeiros turbocompresores durante a primeira guerra mundial, e continuou desenvolvéndoos durante o período de entreguerras, chegando a ser indispensables nos anos inmediatamente antes da segunda guerra mundial. GE tamén traballou con deseños de Frank Whittle durante a guerra, introducindo os motores de reacción de Whittle nos Estados Unidos durante os anos 1940. Isto conduciu á fundación de GE Aviation, que é actualmente un dos maiores fabricantes de motores no mundo, só por detrás de Rolls-Royce plc de Gran Bretaña, que abriu o camiño no deseño e a fabricación de motores. En 2002, GE mercou os activos de enerxía eólica de Enron durante a liquidación por creba.[2][3]
Actualmente, a empresa conta con 6 unidades de negocio:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.