From Wikipedia, the free encyclopedia
Germinal Esgleas Jaume (pseudónimo de Josep Esgleas i Jaume, nado en Malgrat de Mar o 5 de outubro de 1903 e finado en Tolosa (Francia) o 21 de outubro de 1981, foi un anarcosindicalista e militante da FAI.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Malgrat de Mar, España |
Morte | 1981 (77/78 anos) Tolosa, Francia |
Secretario Xeral da CNT | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Familia | |
Parella | Federica Montseny |
En 1919 estableceuse en Calella, Malgrat de Mar e Mataró, onde fixo activismo a prol da CNT. En decembro de 1923 foi elixido secretario da Confederación Rexional do Traballo de Cataluña. Representando á Federación Local de Calella e outros sindicatos, participou no terceiro Congreso da CNT en Madrid entre o 11 e o 16 de xuño de 1931. Foi compañeiro sentimental de Federica Montseny, e colaborou en La Revista Blanca, defendendo o apoliticismo da CNT. Durante a guerra civil foi membro do Comité Executivo do Movemento Libertario de Cataluña en 1937.
Ó rematar a guerra exiliouse en Francia, e en 1945 foi elixido secretario do Comité Nacional do Movemento Libertario Español-CNT, e entre 1958 e 1963 foi secretario xeral da AIT.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.