Calella
concello de Cataluña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Calella é un municipio español da comarca do Maresme, na provincia de Barcelona, Cataluña. Para diferenciala de Calella de Palafrugell é denominada á veces Calella de la Costa.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Calella.
- Este artigo trata sobre un municipio catalán, para a rúa ou camiño estreito véxase Rúa.
Remove ads
Xeografía
Calella está localizada 56 km ao norte da cidade de Barcelona, e dista 25 km de Mataró, cabeza da comarca, ao pé do mar Mediterráneo. O seu termo municipal limita cos concellos de Sant Pol de Mar a suroeste, Pineda de Mar a nordeste, Sant Cebrià de Vallalta a noroeste, e co mar a sueste.
Entidades de poboación
O concello de Calella, que se estende por 8,01 km², conta coas seguintes localidades:
- Calella
- Can Carreres
- Kilòmetre Tres
- Parc de Calella
- Sant Quirze
- Valldenguli
Remove ads
Demografía
Conta cunha poboación de
Gráfica de evolución demográfica de Calella[1] entre 1842 e 2021 |
![]() |
Turismo
Nos últimos decenios do século XX Calella sufriu un rápido desenvolvemento turístico, iniciado na década de 1950, e culminado nos decenios que seguiron ao ano 1970.
Os principais afluxos turísticos procederon da Alemaña, de xeito tal que a localidade foi popularmente chamada Calella dos alemáns. A poboación estival chegaba a ser o tripla da que reside no período invernal.
Actualmente o turismo provén principalmente de toda Europa occidental: de Italia e da Gran Bretaña sobre todo, máis tamén de Alemaña, Países Baixos e Francia. Mais acoden tamén numerosos turistas do leste de Europa (Rusia, República Checa, Eslovaquia e Polonia).
Sitios de interese
Lugares de interese, ademais das praias, son a praza de El Bunyol, as vellas torres do telégrafo, o Parc Dalmau e o paseo marítimo Manuel Puigverd. Durante o verán hai unha serie de actividades gratuítas para turistas denominadas Calella activa.
Galería fotográfica
- A praia
- O centro urbano
- Museo arquivo
- Calella desde o aire
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads