Glicagón
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O glicagón[1] é unha hormona peptídica de 29 aminoácidos segregada polo páncreas, que eleva os niveis de glicosa sanguíneos. Os seus efectos opóñense aos da insulina, a cal fai diminuír os niveis de glicosa sanguíneos.[2] O glicagón e a insulina son parte dun sistema de retroalimentación que serve para manter estables os niveis sanguíneos de glicosa. O páncreas libera glicagón cando os niveis de azucre sanguíneo (glicosa) son moi baixos. O glicagón causa que o fígado converta o glicóxeno almacenado en glicosa, a cal se libera na corrente sanguínea. Os niveis sanguíneos altos de glicosa estimulan a liberación de insulina, e esta permite que a glicosa entre nas células e sexa utilizada polos tecidos insulino-dependentes.
O glicagón pertence a unha familia de varias hormonas relacionadas (glicagón/GIP/secretina/VIP).