artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
Despois da morte sen herdeiros de Francisco II Sforza, en 1535, o emperador Carlos V e o rei Francisco I de Francia enfrontáronse na guerra italiana de 1536-1538 polo control do Milanesado, estado feudatario do Sacro Imperio Romano Xermánico, até entón en poder das familias Visconti e Sforza.
En 1538, con Milán ocupado polas forzas imperiais, ambos os contendentes asinaron a tregua de Niza. A partir deste momento Milán quedaría en poder de España, até 1706, cando Filipe V o perdeu en favor do Sacro Imperio durante a guerra de sucesión española.
A diferenza doutros territorios da Monarquía Hispánica, o Estado de Milán, ao igual que os Países Baixos, estivo administrado por un gobernador que á súa vez era capitán xeneral. Este cargo tiña as mesmas atribucións que as de vicerrei, pero a súa titulación non foi esta, dado que historicamente Milán e os Países Baixos nunca foran reinos, como Sicilia, Nápoles ou Sardeña, senón ducados.
A continuación dáse unha lista das personalidades que gobernaron o ducado:[1]
Inicio do mandato | Gobernador | Notas | |
Novembro de 1535 | Antonio de Leyva, príncipe de Áscoli | Morreu en campaña durante o seu mandato. | |
Setembro de 1536 | Marino Caracciolo, cardeal | Morreu no cargo. | |
Febreiro de 1538 | Alonso de Ávalos, marqués do Vasto | Morreu no cargo. | Desde 1540 é duque Filipe II. |
Abril de 1546 | Álvaro de Luna, castelán de Milán | Interino. | |
Outubro de 1546 | Ferrante Gonzaga, príncipe de Molfetta | ||
Xuño de 1555 | Fernando Álvarez de Toledo, duque de Alba | ||
Decembro de 1556 | Cristoforo Madruzzo, cardeal e bispo de Trento | ||
Agosto de 1557 | Juan de Figueroa | Interino. | |
Xullo de 1558 | Gonzalo Fernández de Córdoba, duque de Sessa | En 1559 Francia renunciou ao ducado mediante a Paz de Cateau-Cambrésis. | |
Febreiro de 1560 | Francisco Fernando de Ávalos, marqués de Pescara | ||
Marzo de 1563 | Gonzalo Fernández de Córdoba, duque de Sessa | 2ª vez. | |
Abril de 1564 | Gabriel de la Cueva y Girón, duque de Alburquerque | Morreu no cargo. | |
Agosto de 1571 | Alonso Pimentel, do Consello Secreto | Interino. | |
Setembro de 1571 | Álvaro de Sande, marqués de Piovera | Interino. | |
Abril de 1572 | Luís de Zúñiga y Requesens | Pasou a gobernador dos Países Baixos. | |
Setembro de 1573 | Antonio de Zúñiga y Sotomayor, marqués de Ayamonte | . | |
Xullo de 1580 | Sancho de Guevara y Padilla, do Consello Secreto | ||
Marzo de 1583 | Carlos de Aragón y Tagliavia, duque de Terranova | ||
Decembro de 1592 | Juan Fernández de Velasco y Tovar, duque de Frías | 1ª vez. | |
Marzo de 1595 | Pedro de Padilla, castelán de Milán | Interino en ausencia do anterior. | |
Novembro de 1595 | Juan Fernández de Velasco y Tovar, duque de Frías | 2ª vez. | Desde 1598 é duque Filipe III. |
Outubro de 1600 | Pedro Enríquez de Acevedo, conde de Fuentes | Morreu no cargo. | |
Xullo de 1610 | Diego de Portugal, conde de Gelves | Interino. | |
Decembro de 1610 | Juan Fernández de Velasco y Tovar, duque de Frías | 3ª vez. | |
Xullo de 1612 | Juan de Mendoza y Velasco, marqués de La Hinojosa | ||
Agosto de 1614 | Sancho de Luna y Rojas | Interino en ausencia do anterior. | |
Novembro de 1614 | Juan de Mendoza y Velasco, marqués de Hinojosa | ||
Xaneiro de 1616 | Pedro Álvarez de Toledo y Colonna, duque de Fernandina | ||
Agosto de 1618 | Gomes Suárez de Figueroa y Córdoba, duque de Feria | 1ª vez. | Desde 1621 é duque Filipe IV. |
Maio de 1626 | Gonzalo Fernández de Córdoba, príncipe de Maratra | ||
Agosto de 1629 | Ambrosio Spinola, marqués de los Balbases | Morreu no cargo. | |
Decembro de 1630 | Álvaro de Bazán y Benavides, marqués de Santa Cruz | ||
Marzo de 1631 | Gomes IV Suárez de Figueroa y Córdoba, duque de Feria | 2ª vez. | |
Maio de 1633 | Fernando de Austria, cardeal e infante de España | ||
Xullo de 1634 | Gil de Albornoz, cardeal e arcebispo de Tarento | ||
Novembro de 1635 | Diego Mexía Felípez de Guzmán, marqués de Leganés | 1ª vez. | |
Abril de 1636 | Fernando Afán de Ribera, duque de Alcalá | ||
Xuño de 1636 | Diego Mexía Felípez de Guzmán, marqués de Leganés | 2ª vez. | |
Febreiro de 1641 | Juan Velasco de la Cueva, conde de Siruela | ||
Agosto de 1643 | Antonio Sancho Dávila de Toledo, marqués de Velada | ||
Febreiro de 1646 | Bernardino Fernández de Velasco y Tovar, duque de Frías | Fillo de Juan Fdez. de Velasco, gobernador en 1592. | |
Novembro de 1647 | Íñigo Melchor Fernández de Velasco, conde de Haro | Fillo do anterior, substituíuno durante a súa enfermidade. | |
Xuño de 1648 | Luís de Benavides Carrillo, marqués de Caracena | ||
Abril de 1656 | Teodoro Trivulzio, cardeal | Morreu no cargo. | |
Setembro de 1656 | Alonso Pérez de Vivero y Menchaca, conde de Fuensaldaña | ||
Maio de 1660 | Francesco Gaetano, duque de Sermoneta | ||
Xuño de 1662 | Luís de Guzmán Ponce de León, conde de Villaverde | Neto de Pedro de Toledo, gob. en 1616. | Desde 1665 é duque Carlos II. |
Abril de 1668 | Pablo Spínola Doria, marqués de los Balbases | 1ª vez. Neto de Ambrosio Spínola, gobernador en 1629. | |
Setembro de 1668 | Francisco de Orozco, marqués de Olías y de Mortara | ||
Marzo de 1669 | Pablo Spínola Doria, marqués de los Balbases | 2ª vez. | |
Maio de 1670 | Gaspar Téllez-Girón y Sandoval, duque de Osuna | ||
Xullo de 1674 | Claude Lamoral, príncipe de Ligne | ||
Novembro de 1678 | Xoán Tomé Enríquez de Cabrera, conde de Melgar | ||
Abril de 1686 | Antonio de Velasco y Ayala, conde de Fuensalida | ||
Maio de 1691 | Diego Felípez de Guzmán, marqués de Leganés | Neto de Diego Felípez, gobernador en 1636. | |
Maio de 1698 | Carlos Henrique de Lorena, príncipe de Vaudemont | Desde 1700 é duque Filipe V. | |
En setembro de 1706 Uxío de Savoia conquistou militarmente o ducado de Milán para o Sacro Imperio Romano Xermánico durante a Guerra de Sucesión Española, comezando así o período de goberno austríaco.
Inicio do mandato | Gobernador | Notas | |
Setembro de 1706 | Uxío de Savoia | O goberno español trasládase a Cremona. | Duque Carlos de Austria. |
Abril de 1707 | Piero Visconti (poder civil) Annibale Visconti (mando militar) | Irmáns. Rexeron en ausencia do anterior. En 1714 fírmase o tratado de Rastatt, polo que España recoñece a soberanía austríaca de Milán. | |
Xaneiro de 1717 | Maximilian Karl zu Löwenstein-Wertheim-Rochefort | Morreu no cargo. | |
Xaneiro de 1719 | Girolamo di Colloredo-Mels und Wallsee | ||
Decembro de 1725 | Wirich Philipp von Daun | ||
Outubro de 1733 | Ocupación franco-piemontesa. Carlos Manuel III de Sardeña ocupou militarmente o ducado durante a guerra de sucesión polaca. En 1734 nomeou unha xunta de rexencia.[2] | ||
Decembro de 1736 | Otto Ferdinand, conde de Abensberg-Traun | Milán únese con Mantua formando a Lombardía austríaca. | Desde 1741 é duquesa María Tareixa de Austria. |
Agosto de 1743 | Johann Georg Christian von Lobkowitz | ||
Marzo de 1745 | Gian Luca Pallavicini | Ministro plenipotenciario e comandante xeral. | |
Decembro de 1745 | Ocupación española. Filipe I de Parma ocupou militarmente o ducado, conferindo o seu goberno aos comandantes militares Juan Gregorio Muniain e José de la Torre. | ||
Agosto de 1746 | Gian Luca Pallavicini | ||
Setembro de 1747 | Ferdinand Bonaventura von Harrach | ||
Setembro de 1750 | Gian Luca Pallavicini | ||
Xaneiro de 1754 | Leopoldo de Habsburgo-Lorena | Gobernador titular. Menor de idade. | |
* Francisco III de Este | Nombrado Serenissimo Amministratore durante a minoría do anterior. | ||
* * Beltramo Cristiani | Ministro plenipotenciario do anterior, gobernador de facto. Morreu no cargo. | ||
Xullo de 1758 | * * Karl Joseph von Firmian | Plenipotenciario de Francisco de Este, gobernador de facto. | |
Outubro de 1771 | Fernando de Habsburgo-Este | Gobernador titular. Firmian foi confirmado no seu posto. | |
Xuño de 1782 | * Johann Joseph Wilczek | Plenipotenciario do anterior, gobernador de facto. | |
En maio de 1796 as tropas de Napoleón Bonaparte conquistaron militarmente o ducado, decretando o final do sistema feudal en Milán e instaurando en novembro a República Transpadana que, no ano seguinte se uniu coa República Cispadana para formaren a República Cisalpina.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.