Conde de Galiza, Trastámara e Traba From Wikipedia, the free encyclopedia
Gonzalo Fernández de Traba (finado cara a 1164) foi un nobre galego, xefe da Casa de Traba, e conde de Traba, Monterroso e Trastámara[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XII |
Morte | 1160 |
Conde de Traba | |
Conde de Trastámara | |
Conde de Galicia | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Familia | |
Familia | Casa de Traba |
Fillos | Gómez González de Traba, Fernando González de Traba |
Pais | Fernando Pérez de Traba e Sancha González |
Irmáns | Teresa Fernández de Traba (en) |
Foi o fillo primoxénito e sucesor de Fernando Pérez de Traba e a súa esposa Sancha González [2], polo que era neto do Conde Pedro Froilaz.
Está documentada a súa aparición escrita en 1140, xunto co seu pai, en 1144, xunto coa súa esposa Elvira Rodríguez, e en 1149, cando realiza varias doazóns ao mosteiro de Santa María de Monfero.
Ego Gundisalvus Fernandiz et coniux mea Geloria Roderiquiz, facimus textum firmitatis ut habeamus partem in prima resurrectione
Eu Gonzalo Fernández e a miña muller Elvira Rodríguez, facemos este texto perdurable para que poidamos ter parte na primeira resurrección[3]
Desde 1153 Gonzalo é considerado sucesor do seu pai, e nun documento do 12 de outubro do mesmo ano figura xa como conde en Galicia. O 9 de decembro de 1155 confirmou en Burgos un decreto de Afonso VII, facéndose chamar «Gonzalo Fernández de Trastámara». Ao ano seguinte xa é señor de Traba e Aranga (documento do 12 de febreiro), vilas ás que logo se engade as mandas de Monterroso e Trastámara. O 14 de abril de 1157 é o confirmante principal dunha escritura do mosteiro de Sobrado en Santa Eulalia de Curtis -freguesía fronteiriza con Aranga e parte do condado de Traba- como «comes domnus Gundisalvus dominante Trava et Aranga».[4] O 1 de xuño aparece nun documento similar coa denominación de «comes Gundisaluus senior in Traua et in Aranga», o 6 de novembro como «comes Gundissaluus dominator in Travaa et in Aranga» e o 26 de decembro da mesma maneira que en xuño. A fórmula repítese o 29 de xaneiro de 1159, pero o 20 de setembro de 1161 figura estrañamente o título do seu pai: «comes dompnus Fernandus in Traua et in Aranga et in Monteroso», que xunta as xurisdicións Traba-Aranga co condado de Monterroso, detentado polo seu tío Rodrigo Pérez e non por el mesmo. En 1157, 1159 e 1163 volve realizar importantes doazóns ao mosteiro de Monfero, ao cal, nese último ano, lle entrega a ermida e antigo mosteiro de San Isidro de Callobre. O 16 de setembro de 1158 recibiu do arcebispo e cabido compostelán a terra de Montaos en prestimonio, que antes posuíra o seu pai. O seu falecemento debeu producirse preto de finais de 1164 -o seu último documento coñecido é do 31 de decembro- e de maneira abrupta, pois non hai constancia dun testamento ou da clásica doazón á igrexa de Santiago para a constitución de aniversarios na basílica xacobea.
O 1 de agosto de 1150 casou cunha certa Elvira Rodríguez, muller de orixes descoñecidas, coa que, nesa data, fixo unha doazón á abadía cisterciense de Monfero.[5] Tivo dous fillos: Fernando González de Traba e Gómez González de Traba, e dúas fillas: Urraca, que casou con Fruela Ramírez, e Aldonza, que casou con Lope Díaz I de Haro.
O 12 de xaneiro de 1156 casou con Berenguela Rodríguez, filla de Rodrigo Vélaz e Urraca Álvarez, e irmá de Álvaro Rodríguez, relacionándose así coa familia Vela.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.