![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/04/Gonzalo_Queipo_de_Llano_en_Berl%25C3%25ADn_en_1939.jpg/640px-Gonzalo_Queipo_de_Llano_en_Berl%25C3%25ADn_en_1939.jpg&w=640&q=50)
Gonzalo Queipo de Llano
xeneral español (1875-1951) / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gonzalo Queipo de Llano y Sierra, nado en Tordesillas (provincia de Valladolid) o 5 de febreiro de 1875 e finado en Camas, Sevilla, o 9 de marzo de 1951,[1][2] foi un xeneral español, conspirador e un dos principais protagonistas, sobre todo en Sevilla, do golpe que deu orixe á guerra civil española.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Gonzalo Queipo de Llano y Sierra ![]() 10 de febreiro de 1875 ![]() Tordesillas, España ![]() |
Morte | 9 de marzo de 1951 ![]() Sevilla, España ![]() |
![]() | |
8 de decembro de 1931 – 25 de setembro de 1933 ← sen valor – Leopoldo Ruiz Trillo → ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | oficial , militar , político ![]() |
Período de actividade | 1893 ![]() ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Restauración borbónica en España, Segunda República Española e zona baixo o control da facción nacionalista ![]() |
Rama militar | Exército de Terra de España ![]() |
Rango militar | Xeneral ![]() |
Conflito | Guerra Hispano-Estadounidense, Guerra do Rif e guerra civil española ![]() |
Participou en | |
15 de decembro de 1930 | Sublevación do aeródromo de Cuatro Vientos |
24 de xuño de 1926 | Sanjuanada ![]() |
Outro | |
Título | Marquesado de Queipo de Llano ![]() |
Cónxuxe | Genoveva Martí Tovar (1901–valor descoñecido) |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Foi educado nun seminario, loitou na Guerra hispano-estadounidense e na Guerra do Rif, ascendendo a Xeneral de Brigada en 1923. Aínda que inicialmente apoiou ao ditador Miguel Primo de Rivera, as críticas ás súas políticas fixeron que quedase rezagado na escala e nos nomeamentos e foi trasladado á reserva en 1928. Conspirou para derrocar a monarquía alfonsina e dirixiu a Sublevación de Cuatro Vientos (1930),[3] que o obrigou a se exiliar en Portugal. Unha vez proclamada a República, foi nomeado Capitán Xeneral de Madrid e Inspector Xeneral do Exército, contribuíndo de xeito importante ao éxito das reformas militares de Manuel Azaña. Posteriormente foi nomeado xefe do cuarto militar do presidente da República, Niceto Alcalá Zamora, de quen foi consogro (a filla de Queipo estaba casada cun fillo de Alcalá Zamora), até que dimitiu en 1933 como consecuencia das críticas recibidas, dado o seu cargo, por unha serie de interferencias na vida política.
Cada vez máis descontento co rumbo que estaba a tomar a política republicana, e sobre todo despois da destitución de Alcalá Zamora, foi, xunto con Mola e Sanjurjo, un dos principais dirixentes do golpe militar contra o goberno da Fronte Popular, cuxo fracaso parcial provocou o Guerra civil española. Cun escaso número de homes,[4] dirixiu o golpe militar en Sevilla, un dos reductos da Fronte Popular, e iniciou unha forte represión que causou a morte de 3.028 persoas só en Sevilla no período comprendido entre o 18 de xullo de 1936 e xaneiro de 1937.[5]
Destacou polo uso da radiodifusión como medio de guerra psicolóxica, coas súas famosas charlas a través de Unión Radio Sevilla.[6] Nomeado xefe do Exército do Sur, asumiu o goberno militar e civil, e durante toda a guerra actuou cunha independencia case total, o que o levou a ser coñecido como o “vicerrei de Andalucía”.[7][8]
Ascendido a tenente xeral e condecorado coa Laureada de San Fernando tralo seu triunfo na Guerra Civil, foi, non obstante, cada vez máis postergado por Franco, ó que se refería co alcume «Paca la Culona».[9][10][11]