Gothic metal
From Wikipedia, the free encyclopedia
O gothic metal (ou goth metal) é un estilo que combina a musicalidade do heavy metal coas atmosferas e ambientacións escuras do gothic rock.[1] A música deste estilo é diversa xa que os grupos clasificados dentro del adoptan a estética gótica a distintos xéneros de heavy metal.[2] As letras dos temas deste estilo adoitan ser melodramáticas, romanticas e tristes, tratando en ocasións temas de fantasía.[3][4]
Gothic metal | |
---|---|
Orixe musical | Heavy Metal, gothic rock, death-doom. |
Orixe cultural | Comezos dos anos 1990 no Reino Unido |
Instrumentos típicos | Voz, guitarra eléctrica, guitarra, baixo, batería, teclado, sintetizador, violoncello, violín |
O estilo orixinouse a comezos dos anos 1990 en Europa evolucionando a partir do death-doom.[5][6] Os primeiros grupos considerados dentro deste estilo son os ingleses Paradise Lost,[7] My Dying Bride[8] e Anathema.[5] Outros grupos pioneiros da mesma época son os estadounidenses Type O Negative,[9] e os suecos Tiamat.[10] Os noruegueses Theatre of Tragedy desenvolveron unha estética denominada "a bela e a bestia" que combina voces masculinas agresivas con voces limpas femininas, estilo adoptado tamén por algúns outros grupos posteriores.[11] A mediados dos anos 1990 Moonspell,[12] Theatres des Vampires[13][14] e Cradle of Filth adaptaron a temática e estética gótica ao black metal.[15][16] A finais da década dos anos 1990 fíxose popular unha variante sinfónica do gothic metal, con grupos como Tristania[17] e Within Temptation.[18][19]
A comezos do século 21 o gothic metal comezou a ser máis popular en Europa, particularmente en Finlandia onde grupos como HIM,[20] Lullacry[21] e Poisonblack[22] conseguiron acadar os primeiros postos en listas de vendas. Nos Estados Unidos algunhas bandas como Type O Negative,[9] HIM,[20] Lacuna Coil,[23] Evanescence[24] e Cradle of Filth[25] tamén acadaron un certo éxito comercial.