![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/56/As_irmandades_acuden_a_derrocar_un_castelo.jpg/640px-As_irmandades_acuden_a_derrocar_un_castelo.jpg&w=640&q=50)
Gran Guerra Irmandiña
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Gran Guerra Irmandiña foi unha revolta social que tivo lugar en Galicia entre 1467[1] e 1469, e foi posiblemente a maior revolta europea de todo o século XV.[2][3] Comezou na primavera de 1467 en Galicia, nunha situación de conflito social (fame, epidemias e abusos por parte da nobreza galega) e político (guerra civil en Castela). A Santa Irmandade do Reino de Galicia, xurdida e xustificada por tal situación, tornouse nunha revolta como reacción a un sentimento acumulado de agravio polos males e danos que o pobo recibía dos nobres das fortalezas.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/56/As_irmandades_acuden_a_derrocar_un_castelo.jpg/640px-As_irmandades_acuden_a_derrocar_un_castelo.jpg)