Gran Premio de Francia de 1967
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1967 celebrouse no Autódromo de Bugatti o 2 de xullo de 1967. Foi o primeiro Gran Premio de Francia, que se celebrou en Le Mans desde a primeira carreira en 1906 e ata 2013, foi a única vez que o Circuíto Bugatti se utilizou para o Gran Premio de Francia.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 5 de 11 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1967. | ||
Trazado do circuíto de Bugatti. | ||
Data | 2 de xullo de 1967 | |
Nome oficial | LIII Grand Prix de l'A.C.F. | |
Localización | Le Mans, Francia | |
Percorrido | Circuíto permanente 4´430 km | |
Distancia | 80 voltas, 354´40 km | |
Pole position | ||
Piloto | Graham Hill | Lotus-Ford |
Tempo | 1:36.2 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Graham Hill | Lotus-Ford |
Tempo | 1:36.7 | |
Podio | ||
Primeiro | Jack Brabham | Brabham-Repco |
Segundo | Denny Hulme | Brabham-Repco |
Terceiro | Jackie Stewart | BRM |
O circuíto de Bugatti utiliza o pit da recta principal de Le Mans, que en 1967 non tiña a chicane Dunlop, logo viraba á dereita en "La Chapelle" seguido dunha curva interior a esquerdas, "Le Musée", seguida logo doutra curva a dereita, "Garage Vert", que daba á recta de atrás, a única característica distintiva era a "Chemin Aux Boeups", unha curva a esquerda (agora unha chicane esquerda-dereita), antes de regresar á recta de boxes a través das curvas "S Bleu" e "raccordement" preto da entrada a boxes. O circuíto era aburrido e foi universalmente impopular entre os pilotos e os espectadores con só 20.000 asistentes á carreira, algúns pilotos expresaron en privado o seu desexo de que a carreira se levara a cabo na totalidade dos 13´461 quilómetros de longo do Circuíto da Sarthe, onde a recta de Mulsanne de 5´7 km. era 1´3 km máis longa que todo o circuíto de Bugatti.
Nese momento, os circuítos con lonxitudes de 10 km ou máis eran comúns nos Grandes Premios, cos 14´120 km. de Spa-Francorchamps utilizado para o Gran Premio de Bélxica, e os infames 22´835 quilómetros de Nürburgring utilizado para o Gran Premio de Alemaña, así que moitos pilotos querían usar o circuíto completo das 24 Horas considerándoo como o lugar adecuado para a carreira.