Gran Premio do Canadá de 2000
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio do Canadá de 2000 (oficialmente o XXXVIII Grand Prix Air Canada) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 18 de xuño de 2000 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Quebec, Canadá. A carreira de 69 voltas foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 2000 e o 38º Gran Premio do Canadá. A carreira gañouna o piloto de Ferrari Michael Schumacher logo de comezar desde a pole position]. O seu compañeiro de equipo Rubens Barrichello acabou segundo con Giancarlo Fisichella terceiro para o equipo de Benetton.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 8 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2000. | ||
Trazado do circuíto Gilles Villeneuve. | ||
Data | 18 de xuño de 2000 | |
Nome oficial | XXXVIII Grand Prix Air Canada | |
Localización | Circuíto Gilles Villeneuve Montreal, Quebec, Canadá | |
Percorrido | Circuíto urbano 4´421 km | |
Distancia | 69 voltas, 305´049 km | |
Clima | Nubrado e chovendo; Ar 17 °C, pista 21 °C | |
Pole position | ||
Piloto | Michael Schumacher | Ferrari |
Tempo | 1:18.439 | |
Volta rápida | ||
Piloto | Mika Häkkinen | McLaren-Mercedes |
Tempo | 1:19.049 na volta 37 | |
Podio | ||
Primeiro | Michael Schumacher | Ferrari |
Segundo | Rubens Barrichello | Ferrari |
Terceiro | Giancarlo Fisichella | Benetton-Playlife |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Michael Schumacher comezou desde a pole position xunto ao piloto de McLaren David Coulthard. Barrichello comezou desde o terceiro lugar, xunto co seu compañeiro de equipo Mika Häkkinen. Os dous primeiros Michael Schumacher e Coulthard loitaron polo primeiro posto ata que Coulthard cumpriu un stop and go de dez segundos na volta 14, porque o seu mecánico traballou no seu coche 15 segundos antes de que comezase a carreira. Pouco antes da metade da carreira, Michael Schumacher fixo unha parada en boxes e Barricello tomou o liderado antes da súa propia parada na volta 43. Nese momento comezou a chover facendo que os pilotos cambien os penumáticos. Michael Schumacher mantivo a súa vantaxe e conseguiu a vitoria 0,1 segundos por diante de Barrichello.
A vitoria foi a quinta de Michael Schumacher da tempada, a cuarta no circuíto, e o resultado fixo que ampliara o seu liderado no Campionato Mundial de Pilotos de Fórmula Un a 22 puntos sobre Coulthard, con Häkkinen dous puntos máis atrás. Ferrari tamén estendeu o seu liderado no Campionato de Construtores a 18 puntos por diante de McLaren que tiña 66. Benetton, con 18 puntos, desprazou aos seus rivais de Williams ao cuarto posto, quedando nove carreiras da tempada. Acudiron 100.000 espectadores á carreira.