From Wikipedia, the free encyclopedia
Gregorio María Aguirre García, O.F.M.Disc., nado en Pola de Gordón (provincia de León) o 12 de marzo de 1835 e finado en Toledo o 10 de outubro de 1913, foi un relixioso católico latino leonés, que foi sucesivamente bispo de Lugo (1885 - 1894), arcebispo de Burgos (1894 - 1909) e arcebispo de Toledo (1909 - 1913).
En 1857 profesou como franciscano descalzo e en setembro de 1859 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Toledo Cirilo de Alameda Brea.
O 27 de marzo de 1885 foi nomeado bispo de Lugo. Recibiu a consagración episcopal o 21 de xuño do mesmo ano de mans do nuncio Mariano Rampolla del Tindaro, e tivo como co-consagrantes principais ao arcebispo de Valladolid Benito Sanz y Forés e ao bispo de Salamanca Tomás Jenaro de Cámara y Castro; a cerimonia tivo lugar na igrexa dos escolapios de San Fernando, en Madrid.
O 21 de maio de 1894 foi nomeado arcebispo de Burgos. Durante o seu pontificado en Burgos, foi tamén a partir do 2 de decembro de 1899 administrador apostólico da diocese de Calahorra e La Calzada. No consistorio do 15 de abril de 1907 o papa Pío X creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Giovanni a Porta Latina.
O 29 de abril de 1909 foi nomeado arcebispo de Toledo e patriarca das Indias Occidentais. Finou no cargo o 10 de outubro de 1913, e está enterrado na catedral de Toledo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gregorio Aguirre García |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.