![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/85/Monkeypox_By_Country.svg/langgl-640px-Monkeypox_By_Country.svg.png&w=640&q=50)
Gromo de varíola símica de 2022
From Wikipedia, the free encyclopedia
O gromo de varíola símica de 2022 iniciouse no Reino Unido o 29 de abril de 2022 co informe dun residente británico que presentou síntomas da enfermidade logo de viaxar a Nixeria, onde esa patoloxía é endémica. O paciente volveu ao Reino Unido o 4 de maio e representou o caso índice.[1]
![]() | Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade. A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento segundo avanza o evento, e os informes iniciais poden ser pouco fiables. Por favor, non achegues datos especulativos e lembra incluír referencias e citar as fontes. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/85/Monkeypox_By_Country.svg/640px-Monkeypox_By_Country.svg.png)
Descoñécese a orixe de varios casos reportados no Reino Unido. Porén, algúns informes expoñen unha transmisión comunitaria na área de Londres que se produce desde mediados de maio. Así mesmo, notificáronse casos na rexión do Nordés de Inglaterra e noutros países, como Portugal, os Estados Unidos e o Canadá.[2]
Este gromo é da ramificación de África Occidental, segundo a Organización Mundial da Saúde, ten unha taxa de letalidade de ao redor do 1%.[3]