Grupo de galaxias
agregación de 50 ou menos galaxias / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un grupo de galaxias[2][3] (GrG[4]) é unha agregación de galaxias que consta dunhas 50 ou menos galaxias ligadas gravitatoriamente, cada unha polo menos tan luminosa coma a Vía Láctea (unhas 1010 veces máis que a luminosidade do Sol). As agrupacións de galaxias máis pequenas son os grupos; outras agrupacións maiores que os grupos son os cúmulos de galaxias.[5] Os grupos e cúmulos de galaxias poden á súa vez estar agrupados formando supercúmulos de galaxias.
A Vía Láctea forma parte dun grupo de galaxias chamado o Grupo Local.[6]