Guerras indias
From Wikipedia, the free encyclopedia
As guerras indias é o nome que reciben o conxunto de conflitos e guerras menores entre os colonizadores europeos en América do Norte e os distintos pobos indíxenas. Estes conflitos ocorreron dentro das fronteiras actuais dos Estados Unidos de América e do Canadá, nun período de tempo que abrangue dende os primeiros asentamentos de colonos no século XVI até a década de 1920. As guerras indias foron provodadas pola competencia de terra e recursos entre os habitantes nativos e os colonizadores europeos. Os poderes europeos tamén alistaban nativos americanos para que os axudasen na súa loita contra outras potencias coloniais.
Estas guerras comprenden un espazo de tempo entre as primeiras épocas coloniais até o masacre de Wounded Knee e o estabelecemento definitivo da fronteira dos Estados Unidos no ano 1890, malia que os conflitos de baixa intensidade continuaron até o ano 1918. Os conflitos resolvéronse polo xeral coa conquista e o exterminio dos pobos indíxenas ou coa asimilación cultural e a reclusión forzosa en reservas. Segundo unha estimación da oficina do censo dos Estados Unidos no ano 1894, calculouse que as guerras supuxeron até o ano 1890 a morte de 45 000 indíxenas defensores e 19 000 estadounidenses. A estimación inclúe tanto combatentes coma poboación civil, mulleres e nenos que morrían a miúdo, nun claro exemplo de limpeza étnica.[1]