economista sueco From Wikipedia, the free encyclopedia
Karl Gunnar Myrdal, nado en Skattungbyn o 6 de decembro de 1898 e finado en Danderyd o 17 de maio de 1987 foi un economista e sociólogo sueco. En 1974, recibiu o Premio Nobel de Economía xunto con Friedrich Hayek por "o seu traballo pioneiro na tería do diñeiro e das flutuacións económicas e pola súa análise penetrante da interdependencia dos fenómenos económicos, sociais e institucionais".[1] É coñecido especialmente nos Estados Unidos polo seu estudo das relacións das razas, que culminaron no seu libro An American Dilemma: The Negro Problem and Modern Democracy. O estudo foi influente na decisión da Corte Suprema dos Estados Unidos de 1954 Brown v. Board of Education. En Suecia, o seu traballo e a súa influencia política foron importantes para o establecemento do Folkhemmet e do estado do benestar.
Myrdal casou coa política e diplomática Alva Myrdal en 1924, e xuntos tiveron dúas fillas, Kaj Fölster (nai do economista Stefan Fölster) e Sissela Bok, e un fillo, Jan Myrdal.
Myrdal foi hospitalizado dous meses antes da súa morte nun hospital de Danderyd, preto de Estocolmo, o 17 de maio de 1987. A súa filla Kaj e o seu neto, Janken Myrdal, estaban presentes.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.