futbolista sueco From Wikipedia, the free encyclopedia
Gunnar Nordahl, nado en Hörnefors o 19 de outubro de 1921 e finado en Alguer (Italia) o 15 de setembro de 1995 foi un futbolista sueco, que xogaba na demarcación de dianteiro. Por moitos é considerado o mellor xogador sueco da historia[1]. Era o pai do tamén futbolista Thomas Nordahl.
Gunnar Nordahl | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Gunnar Nordahl | ||
Nacemento | 19 de outubro de 1921 | ||
Lugar de nacemento | Hörnefors | ||
Falecemento | 15 de setembro de 1995 | ||
Lugar de falecemento | L'Alguer | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1938-1941 | III. Kerületi TUE | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1937–1940 | Hörnefors IF | 41 | (68) |
1940-1944 | Degerfors IF | 77 | (56) |
1944-1949 | IFK Norrköping | 95 | (93) |
1949-1956 | AC Milan | 257 | (210) |
1946 | AS Roma | 34 | (15) |
Total | 504 | (442) | |
Selección nacional | |||
1942-1948 | Selección de fútbol de Suecia | 33 | (43) |
Adestrador | |||
1958-1959 | AS Roma | ||
1959-1961 | Karlstads BIK | ||
1961-1964 | Degerfors IF | ||
1967-1970 | IFK Norrköping | ||
1971-1973 | IF Saab | ||
1974 | IK Sleipner | ||
1975-1976 | Östers IF | ||
1977-1978 | AIK Fotboll | ||
1979-1980 | IFK Norrköping | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Comezou xogando en equipos menores de Suecia antes de fichar polo IFK Norrköping, co que gañou catro campionatos suecos e chegou a anotar sete goles nun so encontro.
O 22 de xaneiro de 1949 foi fichado polo AC Milan, onde tamén coincidiu durante un tempo cos seus compañeiros da selección Gunnar Gren e Nils Liedholm. Nas oito tempadas que militou no equipo italiano proclamouse cinco veces Capocannoniere (máximo anotador da Serie A). Foi capitán do equipo entre 1954 e 1956.
Unha vez que deixou o Milan fichou polo AS Roma, equipo no que se retirou en 1958, xogando a última tempada coma xogador-adestrador.
Coma xogador Nordahl mantén varios récords tanto a nivel do AC Milan, máximo anotador da historia do club, coma a nivel da Serie A, terceiro máximo goleador da historia da categoría so superado por Silvio Piola e Francesco Totti e por tanto máximo goleador non italiano, tamén mantén o récord da máis goles por tempada, con 35 tantos na tempada 1949/50
Debutou coa Selección de fútbol de Suecia en 1945, e tres anos despois proclamouse con ela campión olímpico nos Xogos de 1948, proclamandose tamén máximo anotador do campionato. En 1949 tivo que deixar a selección ao fichar polo AC Milan e ao impedir as normas dese momento que xogaran nela os futbolistas profesionais.
Co Degerfors IF:
Co IFK Norrköping:
Co AC Milan:
Coa Selección de Suecia:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.