Gustavo Adolfo Bécquer
poeta español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gustavo Adolfo Domínguez Bastida, nado o 17 de febreiro de 1836 en Sevilla (Andalucía) e finado o 22 de decembro de 1870 en Madrid,[1] máis coñecido como Gustavo Adolfo Bécquer[2], foi un poeta e narrador español, pertencente ao movemento do Romanticismo aínda que escribiu nunha etapa literaria pertencente ao Realismo. Por ser un romántico tardío, foi asociado igualmente co movemento posromántico. Aínda que foi moderadamente coñecido mentres viviu, comezou a gañar prestixio cando, ao morrer, se publicaron moitas das súas obras.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Gustavo Adolfo Claudio Domínguez y Bastida 17 de febreiro de 1836 Sevilla, España |
Morte | 22 de decembro de 1870 (34 anos) Madrid, España |
Causa da morte | Morte natural (Tuberculose e Sífilis ) |
Lugar de sepultura | Iglesia de la Anunciación (1972–) Sacramental de San Lorenzo y San José (1870–1913) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor , dramaturgo , escritor de contos , narrador |
Xénero artístico | Poesía, conto e narración |
Movemento | Romanticismo, Simbolismo e Post-romanticism (en) |
Pseudónimo literario | Gustavo Adolfo Bécquer |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Casta Esteban |
Pai | José Domínguez Bécquer (pt) |
Irmáns | Valeriano Domínguez Bécquer |
Os seus traballos máis coñecidos son as Rimas y Leyendas (Rimas e Lendas) un conxunto de poemas dispersos e relatos, reunidos nun dos libros máis populares da literatura hispana.[3] Os poemas e historias incluídos nesta colección son esenciais para o estudo da literatura hispana, sendo amplamente recoñecidas pola súa influencia posterior.