O 17 de febreiro é o 48º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 317 días para finalizar o ano , 318 nos anos bisestos .
Situación do Canal de Suez.
En 1989 nace a Unión do Mabreb Árabe.
17 de febreiro de 2008, Viena , celebración da independencia de Kosovo .
478 a.C. - Heródoto menciona unha eclipse anular do sol, cando Xerxes I partía para a súa expedición contra Grecia .
1122 - Tareixa de León , raíña de Portugal , concede o bispo de Ourense e ós seus sucesores a xurisdición sobre a cidade.
1659 - Os españois recobran Salvaterra de Miño , na Provincia de Tui , en poder dos portugueses.
1801 - Un empate electoral entre Jefferson e Burr é resolto cando Jefferson é elixido presidente dos Estados Unidos e Burr vicepresidente.
1854 - O Reino Unido recoñece a independencia do Estado Libre de Orange.
1867 - O primeiro navío cruza o Canal de Suez entre os mares Mediterráneo e Vermello .
1902 - Declárase o estado de suspensión de garantías en Barcelona por mor da celebración dunha folga xeral .[1]
1904 - No Teatro alla Scala de Milán , Puccini estrea Madame Butterfly .[1]
1908 - Estalan dúas bombas en Barcelona ante a sede do periódico El Progreso .[2]
1912 - Aparece o primeiro número da publicación periódica lugesa Heraldo de Vivero .
1912 - Suspéndense en España as sesións das Cámaras con motivo do entroido .[1]
1934 - Engelbert Dollfuss , chanceler austríaco , sobrevive a un atentado nazi . Morrería noutro o 25 de xullo do mesmo ano.[3]
1935 - Instáurase en Alemaña a xornada laboral de 8 horas.[1]
1949 - Son fusilados en Barcelona catro membros do Partit Socialista Unificat de Catalunya .[1]
1958 - O papa Pío XII declara a Santa Clara de Asís (1193~1253) patroa da televisión .
1962 - Unha tempestade mata a máis de 300 persoas en Hamburgo , Alemaña Occidental .
1968 - Abre en Springfield, Massachusetts , o James Naismith Memorial Basketball Hall of Fame .
1968 - Autorízase o ensino da lingua éuscara nas escolas públicas de Donostia .[1]
1975 - Publícase High Voltage , o primeiro elepé do grupo de hard rock AC/DC .[1]
1979 - China invade o territorio vietnamita e ocupa varios postos fronteirizos.[1]
1981 - Amnistía Internacional afirma que o goberno de Guatemala é responsable de máis de 30 000 mortos nos últimos 10 meses.[1]
1989 - Conclúe o segundo cume magrebí en Marrakech, cun pacto defensivo e o nacemento da Unión do Magreb Árabe.[1]
1996 - En Filadelfia , Pensilvania , o campión do mundo de xadrez Garri Kasparov vence á supercomputadora IBM Deep Blue .
1997 - Modesto Rico Pasarín, un policía de 33 anos, morre asasinado por ETA mediante unha bomba colocada no seu coche.[4]
1998 - Mariano Barbacid regresa a España, logo de 24 anos, para dirixir o novo Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.[1]
1998 - O pleno do Congreso español aproba por unanimidade a supresión das penas de cárcere para os insubmisos.[1]
2000 - Windows 2000 sae ó mercado, sistema operativo da compañía Microsoft .[5]
2005 - A Axencia Española do Medicamento aproba o uso do fármaco bortezomib, que consegue frear a progresión do mieloma.[1]
2005 - Un novo regulamento reforza os dereitos dos pasaxeiros que viaxen en compañías aéreas da Unión Europea .[1]
2006 - O IGEA organiza unhas xornadas sobre As seleccións deportivas autonómicas: unha visión galega en Oleiros .
2008 - Unilateralmente Kosovo declárase independente de Serbia .[6]
2008 - Dimitris Christofias e elixido presidente de Chipre , o único país da UE que te un goberno comunista elixido democraticamente.
2009 - Un avogado británico é condenado a catro anos de cárcere por recibir diñeiro para testificase favor de Silvio Berlusconi .
2012 - en Alemaña dimite o presidente Christian Wulff por mor duns escándalos de corrupción e tráfico de influencias .
Gustavo Adolfo Bécquer.
Michael Jordan.
Denise Richards.
Paris Hilton.
1490 - Carlos III de Borbón , duque de Borbón e Montpensier (m. 1527 ).
1653 - Arcangelo Corelli , violinista e compositor italiano do barroco (m. 1713 ).
1699 - Georg Wenzeslaus von Knobelsdorff , arquitecto e pintor prusiano (m. 1753 ).
1754 - Nicolas Baudin , explorador francés (m. 1803 ).
1804 - Vicente Vázquez Queipo , nado en Samos , matemático e político galego (m. 1893 ).
1816 - Julián Pellón Rodríguez , mestre e político galego (m. 1878).
1817 - Guillerme III , monarca holandés (m. 1890 ).
1836 - Gustavo Adolfo Bécquer , escritor español (m. 1870 ).
1847 - Celedonio Osorio Lafuente , escritor e político galego (m. 1899).
1861 - Juan González Montenegro , xornalista e explorador galego.
1877 - Isabelle Eberhardt , exploradora e escritora suíza (m. 1904 ).
1877 - André Maginot , político francés (m. 1932 ).
1888 - Otto Stern , xermano-estadounidense, Premio Nobel de Física en 1943 (m. 1969 ).
1892 - Yosyf Slipyi , eclesiástico grecocatólico, Arcebispo Maior de Lviv (m. 1984 ).
1909 - Arturo Michelini , fascista italiano (m. 1969 ).
1914 - Arthur Kennedy , actor estadounidense (m. 1990 ).[7]
1916 - Raf Vallone , actor italiano (m. 2002 ).[7]
1917 - Guillermo González Camarena , inventor da televisión a cores (m. 1965 ).
1919 - Kathleen Freeman , actriz estadounidense (m. 2001 ).[7]
1923 - John Marco Allegro , filólogo inglés.
1925 - Hal Holbrook , actor estadounidense.[7]
1927 - Norberto Centeno , avogado laboralista arxentino (m. asesinado en 1977).
1927 - Juan Almeida Bosque , revolucionario , político e compositor cubano (m. 2009 ).[8]
1934 - Alan Bates , actor británico (m. 2003 ).[7]
1935 - Máximo Cajal , diplomático español.
1935 - Christina Pickles , actriz inglesa.[7]
1936 - Xosé Luís Franco Grande , escritor e avogado galego.
1940 - Vicente Fernández Gómez , cantautor mexicano.
1940 - Servando Pérez Barreiro , catedrático de inglés nado en Cuspedriños .
1942 - Huey P. Newton , activista político norteamericano (m. 1989 ).
1944 - Karl Jenkins , compositor e músico galés.
1946 - André Dussollier , actor francés.[7]
1947 - Xulio Xiz , xornalista galego.
1948 - José José , cantante e actor mexicano.[7]
1952 - Rosa Delia Blanco , política española.
1953 - Eudald Carbonell , arqueólogo español.
1954 - María Astrid de Luxemburgo , arquiduquesa de Austria.
1954 - Rene Russo , actriz estadounidense.[7]
1956 - Miguel González Aguiar , cociñeiro galego, Medalla de Bronce de Galicia .
1957 - Loreena McKennitt , cantante e intérprete canadense.
1958 - Francisco Orallo Cambeiro , farmacéutico e investigador galego (m. 2009).
1962 - Samuel Bayer , director de vídeos musicais estadounidense.
1962 - Lou Diamond Phillips , actor estadounidense.[7]
1963 - Michael Jordan , baloncestista estadounidense.
1965 - Michael Bay , produtor, director e actor de cine estadounidense.[7]
1966 - Quorthon , músico sueco, fundador de Bathory .
1969 - David Douillet , judoka francés.
1970 - Dominic Purcell , actor británico-australiano.[7]
1971 - Carlos Gamarra , futbolista paraguaio.[6]
1971 - SaRenna Lee , actriz porno estadounidense.[7]
1971 - Denise Richards , actriz estadounidense.[7]
1971 - Monica Roccaforte , actriz pornográfica húngara.
1972 - Billie Joe Armstrong , vocalista e guitarrista da banda Green Day .
1972 - Taylor Hawkins , batería da banda de rock Foo Fighters .
1972 - Valeria Mazza , modelo arxentina.
1972 - Nani Roma , piloto de rallis español.
1974 - Jerry O'Connell , actor estadounidense.[7]
1976 - Kelly Carlson , actriz estadounidense.[7]
1980 - Al Harrington , baloncestista estadounidense.
1980 - Jason Ritter , actor estadounidense.[7]
1981 - Joseph Gordon-Levitt , actor estadounidense.[7]
1981 - Paris Hilton , celebridade estadounidense.[7]
1982 - Adriano Leite Ribeiro , futbolista brasileiro.
1986 - Joey O'Brien , futbolista irlandés.
1991 - Bonnie Wright , actriz inglesa.[7]
1993 - Marc Márquez , piloto de motociclismo español.
Moliére.
364 - Xoviano , emperador romano durante oito meses (n. 332).
1600 - Giordano Bruno , filósofo e atrónomo, queimado vivo pola inquisición (n. 1549 ).
1673 - Molière , dramaturgo e actor de teatro francés (n. 1875 ).[1]
1680 - Jan Swammerdam , anatomista e zoólogo holandés (n. 1637 ).
1711 - José de Baquedano, mestre de capela da Catedral compostelá e compositor barroco.
1796 - James Macpherson , poeta escocés (n. 1736).
1827 - Johann Heinrich Pestalozzi , pedagogo reformador suízo (n. 1746 ).
1856 - Heinrich Heine , poeta romántico alemán (n. 1797 ).[1]
1875 - Friedrich Argelander , astrónomo da antiga Prusia (n. 1799 ).
1905 - Gran Duque Sergio Alexandrovich Románov, gobernador de Moscova e tío do tsar Nicolao II , asasinado.
1915 - Francisco Giner de los Ríos , filósofo e pedagogo español (n. 1839 ).
1934 - Siegbert Tarrasch , xogador de xadrez alemán (n. 1862 ).
1934 - Alberte I de Bélxica , terceiro rei dos belgas (n. 1875).
1950 - Santiago Casares Quiroga , avogado e político galego (n. 1884).
1964 - Enrique Vidal de Bustamante , mestre e político galego (n. 1897)
1970 - Shmuel Yosef Agnon , israelí, Premio Nobel de Literatura en 1966 (n. 1888 ).
1982 - Thelonious Monk , pianista e compositor de jazz estadounidense (n. 1917).
1988 - María Antonia Dans Boado , pintora galega (n. en Oza dos Ríos en 1922 ).[9]
1996 - Hervé Bazin , escritor francés (n. 1911 ).
2005 - Omar Sívori , futbolista italo-arxentino (n. 1935 ).
2006 - Ray Barretto , instrumentista de jazz estadounidense (n. 1929 ).[1]
Día da independencia en Kosovo .