Gárgola (arquitectura)
elemento arquitectónico, en forma de animal ou ser fantástico, para separar a auga dos muros / From Wikipedia, the free encyclopedia
En arquitectura, as gárgolas son desaugadoiros, ou sexa, son a parte saínte das calexas dos tellados que se destinan a botar as augas pluviais a certa distancia da parede dos edificios e que, especialmente na Idade Media, eran ornadas con figuras monstruosas, humanas ou animalescas, comunmente presentes na arquitectura gótica.
O termo orixinouse a partir do francés gargouille, de gargouiller 'producir un ruído semellante ao dun líquido nun tubo', derivado do latín gurgulio, e este do grego antigo γαργαρίζω gargarídso, 'facer gargarexos'.
No pasado pensábase que as gárgolas eran os gardiáns das catedrais e que durante a noite cobraban vida.
As quimeras ou figuras grotescas son un tipo de esculturas semellantes ás gárgolas. Malia que non funcionan como desaugadoiros, tamén son popularmente coñecidas como gárgolas.