Halvaria
From Wikipedia, the free encyclopedia
Halvaria é un grupo de organismos eucarióticos que inclúe a Alveolata e a Heterokonta (stramenopiles).[1]
Halvaria | |||||
---|---|---|---|---|---|
En sentido horario,: unha haptófita, diatomeas, un oomiceto, unha criptomónada, e unha Macrocystis, que é unha alga parda. As diatomeas, os oomicetos e Macrocystis son de Halvaria. | |||||
Clasificación científica | |||||
| |||||
Filos | |||||
|
Análises realizadas en 2007 e 2008 coincidiron en que as heterocontas e os alveolados están relacionados, formando un grupo reducido do clado dos cromalveolados. Foron agrupados xunto cos Rhizaria (orixinariamente un dos seis maiores grupos de eucariotas) para formar un clado denominado supergrupo SAR.[2][3][4] Porén, análises filoxenéticas de 2016 puxeron en dúbida este grupo Halvaria ao suxerir que os Alveolata son o grupo máis próximo a Rhizaria, o clado R + A do supergrupo SAR.
Xa que nese estudo se incorporaron novos datos de secuenciación de Rhizaria, argumentan que o grupo Halvaria podería ser un artefacto por mor de falta de esforzo de mostraxe e polo efecto de aliñamento de secuencias distantes ("long branch attraction").[5][6]