Hang
From Wikipedia, the free encyclopedia
O hang (pronunciación alemá [haŋ],[1] e en plural: Hanghang[2]) é un instrumento musical idiófono creado no ano 2000 por Felix Rohner e Sabina Schärer en Berna, Suíza. O nome da súa empresa é PANArt Hangbau AG.[3]
Hang | |
---|---|
Hang dende tódolos lados. | |
Información | |
Clasificación | Instrumento de percusión |
Fabricantes notables | Felix Rohner, Sabina Schärer |
O instrumento está feito por dúas medias cunchas de aceiro nitrurado[4][5] pegadas xuntas nos bordos, deixando o interior oco, o que lle confire a súa característica forma de 'OVNI'. O saínte da parte superior ("Ding") é a nota central e básica, e os outros sete ou oito tons sitúanse arredor deste. A superficie lisa ("Gu") ten un burato no centro cunha nota sintonizado que pode ser executada cando se golpea o canto.
A creación do hang foi o resultado de varios anos de investigación do steelpan e outros instrumentos.[6] Os seus inventores continuaron a mellorar a forma e os materiais e produciron novas variacións cos anos. O nome Hang provén da palabra do alemán de Berna para man. É unha marca rexistrada propiedade de PANArt Hangbau AG.[7]