Hebreo bíblico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Hebreo bíblico (en hebreo: עִבְרִית מִקְרָאִית Ivrit Miqra'it ou לְשׁוֹן הַמִּקְרָא Leshon ha-Miqra), tamén coñecido como Hebreo clásico, é unha forma arcaica da lingua hebrea, un idioma caanita-semítica falada polos israelitas na área coñecida como Israel, situada entre o río Xordán e o mar Mediterráneo. O termo hebreo non foi utilizado para referirse a esta lingua na Biblia,[1] que se refire a ela como שפת כנען (linguaxe de Canaan) ou יהודית (xudeu, xudaíta),[1] pero o nome foi utilizado polos gregos e nos textos da Mishná.[1]
Hebreo bíblico ܐܪܡܝܐ, ארמית | ||
---|---|---|
Pronuncia: | שְֹפַת כְּנַעַן ,יְהוּדִית ,(לָשׁוֹן) עִבְרִית לְשׁוֹן הַקֹּדֶשׁ | |
Outros nomes: | Hebreo clásico | |
Falado en: | Reino de Israel (monarquía unificada) Reino de Xudá Reino de Israel (Samaria) Dinastía hasmonea Global (como lingua litúrxica do xudaísmo) | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Semítica Semítica central Semítica do noroeste Hebreo bíblico | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | hbo
| |
Mapa | ||
Status | ||
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
As orixes da hebreo remóntanse epigráficamente arredor do século X a. C.[2][3] e a fala desta lingua persistiu durante e despois do período do Segundo Templo, que rematou co sitio de Xerusalén do ano 70.
O hebreo bíblico rexistrado no Biblia hebrea reflicte varias etapas da lingua na súa raíz semítica, así como un sistema vocálico que foi engadido durante a Idade Media polos masoretas.
Existen algunhas evidencias de variacións dialectais rexionais, incluíndo diferenzas entre o hebreo bíblico falado na rexión norte, o Reino de Israel e a rexión sur, o Reino de Xudá. O texto consonántico foi transmitido mediante os manuscritos, e someteuse a redacción durante o período do Segundo Templo de Xerusalén, pero algúns dos seus fragmentos máis antigos (partes do libro de Amos, libro de Isaías, libro de Oseas e libro de Miqueas) poden datarse entre finais do século VIII e comezos do -VII a. C.