Helicóptero
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un helicóptero[1] é un aerodino que obtén a forza planadora mediante superficies sustentadoras chamadas pas que xiran movidas por un ou varios rotores horizontais. Isto permítelle engalar e aterrar verticalmente, frotar, e voar cara a adiante, atrás ou lateralmente. Estes atributos permítelles aos helicópteros ser usados en zonas conxestionadas ou illadas onde as aeronaves de á fixa non poden voar sen unha pista. O seu antecesor foi o autoxiro e en 1942 o Sikorsky R-4 converteuse no primeiro helicóptero en ser fabricado a grande escala.[2]
Aínda que a meirande parte dos primeiros deseños usaban máis dun rotor principal, a configuración dun único rotor principal acompañado dun rotor de cola vertical anti-torque converteuse na máis común. Porén, hai tamén helicópteros con dous rotores principais, en tandem ou transversais, debido á maior carga útil que poden transportar. Outras configuracións son a de rotores coaxiales, os "tiltrotores" ou os helicópteros compostos.