![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/Milkweedbugs.nymphadult9.0.jpg/640px-Milkweedbugs.nymphadult9.0.jpg&w=640&q=50)
Hemimetabolismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O hemimetabolismo ou paurometabolismo,[1] tamén chamado metamorfose incompleta, é o tipo de desenvolvemento propio dalgúns grupos de insectos, que consta unicamente de tres fases: ovo, ninfa e imago ou adulto. Este tipo de metamorfose prodúcese por cambios graduais e nela falta a etapa de pupa, que teñen outros insectos, chamados holometábolos. A ninfa adoita parecerse ao adulto e coma el ten ollos compostos e patas desenvolvidas; mais non ten ás nin órganos sexuais maduros (funcionais); isto último é un carácter diagnóstico.[2] Unha vez que o individuo xove (a ninfa) muda a un estadio con órganos sexuais, xa deixa de mudar e chega ao último estadio, o de adulto. Os insectos que posúen este tipo de desenvolvemento denomínanse hemimetábolos ou paurometábolos.[3].[4]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b7/Milkweedbugs.nymphadult9.0.jpg/640px-Milkweedbugs.nymphadult9.0.jpg)