From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase hemolinfa[1][2] ao líquido circulatorio dos artrópodos, moluscos (agás nos cefalópodos) e outros invertebrados etc. análogo ao sangue dos vertebrados.[3]
Trátase dun líquido corporal de transporte que baña directamente órganos e tecidos e enche os vasos e as cavidades hemocélicas (lagoas, seos) propias dos animais se sistema criculatorio aberto.[4]
O termo hemolinfa está formnado polo elemento do latín científico hemo-, tirado do grego antigo ἁἱμο- haimo-, derivado de ἁἷμα haîma, 'sangue', e a voz latina lympha 'auga' (antigamente *limpa; ver límpido), forma pseudogrega, por asociation con nympha, do grego antigo νύμφη nýmphē 'ninfa', personaxes femininos da mitoloxía grega que vivísn nos mananciais e nos ríos, etre outros lugares.
A súa composición varía moito dunha especie a outra. Pode ser de diferentes cores ou incluso incolora; os pigmentos adoitan proceder da alimentación ou dos procesos metabólicos, e non teñen ningunha función biolóxica, xa que o transporte de gases é independente do aparato circulatorio.
Contén células sanguíneas de diferentes tipos e funcións.[3]
As principais funcións da hemolinfa son:
O sistema circulatorio dos insectos é un sistema aberto no cal os órganos son bañados directamente pola hemolinfa. Salvo excepcions, só existe un vaso sanguíneo dividido en cámaras. A zona posterior deste vaso denomínase corazón, e está dotado de varias aberturas laterais chamadas ostíolos que permiten a entrada de hemolinfa nel. A parte anterior do vaso chámase aorta e consiste nun tubo recto e sen válvulas.
O corazón aspira a hemolinfa da cavidade abdominal e a propulsa cara á cabeza, a través da aorta, desde onde volve a filtrarse polos tecidos cara á cavidade abdominal. Nalgúns insectos existen bombas accesorias destinadas a irrigar as patas, as ás ou as antenas.
Fálase de hemolinfa en organismos que no teñen celoma. En cambio, os organismos con celoma posúen sangue.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.