Hermisende
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hermisende é un concello das Portelas na comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos falantes de galego fóra do territorio da comunidade autónoma de Galicia. O xentilicio é «hermisendeiro».[1]
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Capital | Hermisende | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 233 (2023) (2,14 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 108,79 km² | |||
Altitude | 853 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | José Ignacio González Nieto | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 49572 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 49094 | |||
Páxina web | hermisende.com |
Pechar
A localidade de Hermisende pertenceu a Portugal ata a Guerra de Restauración portuguesa en 1640, tal como as aldeas veciñas de San Ciprao e da Teixeira. Chamábase até entón Ermesende, pronuncia que continúa sendo popular no lugar, mesmo articulada con [z] sonora entre os máis vellos.
Neste concello sitúase un dos contrafortes do Penedo dos Tres Reinos, que outrora marcaba a fronteira entre os Reinos de Portugal, León e Galiza.