Clase de encimas. From Wikipedia, the free encyclopedia
As hidrolases son unha clase de encimas que catalizan reaccións químicas de hidrólise, nas cales unha molécula de auga ataca e rompe un enlace, e que seguen a seguinte reacción xeral:
R-R' + H2O ⇌ R-OH + R'-H
Entre elas encóntranse as esterases, que hidrolizan enlaces éster, as peptidases, que hidrolizan enlaces peptídicos, as glicosidases, que hidrolizan enlaces glicosídicos, ou as fosfatases, que hidrolizan produtos fosfatados, separando un fosfato.
As hidrolases en xeral non necesitan a colaboración de coencimas para realizaren a súa catálise. Son activables por catións.
As hidrolases son abundantes nos lisosomas da célula. As hidrolases lisosómicas son hidrolases ácidas, xa que requiren un pH arredor de 5 para a súa activación. Están pechadas dentro da membrana impermeable para elas do lisosoma, xa que a súa liberación súpeta no citoplasma pode lisar a célula. Dentro do orgánulo realizan a dixestión celular.
Os nomes sistemáticos das hidrolases fórmanse así: substrato + hidrolase. Porén, os nomes comúns xeralmente son do tipo substrato + ase. Por exemplo, unha nuclease é unha hidrolase que rompe os enlaces entre os nucleótidos dun ácido nucleico.
As hidrolases están clasificadas no grupo EC 3 de acordo co número EC da clasificación dos encimas. Para clasificalas en subclases hai que basearse no tipo de enlace que rompen. As subclases son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.