![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/ba/Hildegard_von_Bingen.jpg/640px-Hildegard_von_Bingen.jpg&w=640&q=50)
Hildegarda de Bingen (santa)
santa medieval, profeta, mística e doutora da Igrexia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Hildegarda de Bingen,[1] tamén Hildegard von Bingen, nada por volta de 1098 e finada o 17 de setembro de 1179 no mosteiro de Rupertsberg, preto de Bingen, Alemaña, foi unha freira beneditina e abadesa desde 1136. É coñecida como a primeira representante do misticismo alemán da Idade Media. As súas obras abranguen os ámbitos da relixión, a medicina, a música, a ética e a cosmoloxía. Tamén é coñecida como a sibila do Rin ou a profetisa teutónica. O 7 de outubro de 2012 o papa Bieito XVI outorgoulle o título de doutora da Igrexa xunto a san Xoán de Ávila durante a misa de apertura da XIII Asemblea Xeral Ordinaria do sínodo dos bispos.[2]
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (de) Hildegard von Bingen ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1098 ![]() Bermersheim vor der Höhe (Sacro Imperio Romano Xermánico) ![]() |
Morte | 17 de setembro de 1179 ![]() Mosteiro de Rupertsberg (Sacro Imperio Romano Xermánico) ![]() |
Lugar de sepultura | Igreja de Santa Hildegard (pt) ![]() ![]() |
Abadesa | |
1136 – 1179 ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Sacro Imperio Romano Xermánico ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Mosteiro de Disibodenberg (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monxa (1114–), naturalista , poetisa , teólogo , abadesa , médica , filósofa , iluminador , escritora , compositora , artista ![]() |
Profesores | Jutta von Sponheim (en) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua latina, Língua ignota (pt) ![]() ![]() |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 17 de setembro ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Cronoloxía | |
visión ![]() | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Considerada polos especialistas actuais como unha das personalidades máis fascinantes e polifacéticas do Occidente europeo, foi definida como unha das mulleres máis influíntes da Baixa Idade Media,[3] das figuras máis ilustres do monacato feminino e quizais a que mellor exemplificou o ideal beneditino.[4] Dotada dunha cultura extraordinaria, estivo comprometida na reforma da Igrexa,[5] e é considerada unha das escritoras de maior produción do seu tempo.[6] En palabras de Victoria Cirlot:
“ | [...] atravesando o muro dos tempos quedaron as súas palabras, mesmo o seu son, e as imaxes das súas visións.[7] | ” |
As súas reliquias consérvanse en Eibingen im Rheingau, no estado de Hessen, Alemaña.