político arxentino From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Hipólito del Sagrado Corazón de Jesús Irigoyen Alem, tamén coñecido como Hipólito Yrigoyen, nado en Buenos Aires o 12 de xullo de 1852 e finado o 3 de xullo de 1933, foi un avogado e político arxentino, que foi presidente da Arxentina en dúas ocasións: entre 1916 e 1922, e entre 1928 e 1930.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1852 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 3 de xullo de 1936 (83 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Lugar de sepultura | Mausoleum of the Fallen in the Revolution of 1890 (en) |
Presidente da Nación Arxentina | |
12 de outubro de 1928 – 6 de setembro de 1930 ← Marcelo Torcuato de Alvear – José Félix Uriburu (pt) → | |
Presidente da Nación Arxentina | |
12 de outubro de 1916 – 12 de outubro de 1922 ← Victorino de la Plaza – Marcelo Torcuato de Alvear → | |
Datos persoais | |
Residencia | Buenos Aires |
País de nacionalidade | Arxentina |
Educación | Universidade de Buenos Aires |
Actividade | |
Lugar de traballo | Buenos Aires |
Ocupación | avogado , político , autor |
Partido político | União Cívica Radical (pt) |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Luis H. Irigoyen (pt) |
Premios
| |
Naceu na cidade de Buenos Aires, fillo do éuscaro francés Martín Irigoyen e de Marcelina Alem, irmá do político Leandro N. Alem, fundador da Unión Cívica Radical (UCR).
Yrigoyen gradouse en Dereito pola Universidade de Buenos Aires o 1878, exercendo a súa profesión na oficina de Leandro Alem e de Aristóbulo del Valle. Foi electo deputado pola Provincia de Buenos Aires en 1880.
Despois do suicidio de seu tío Leandro Alem, Yrigoyen tornouse líder da UCR. Asumiu como política a intransixencia, unha postura de oposición ó réxime coñecido como concordancia, que establecía, mediante fraude electoral, a alternancia no poder entre distintos sectores conservadores. O seu celo levou o partido á loita armada en 1893 e 1905. Máis tarde, orientou a súa forma de acción non violenta mediante a abstención revolucionaria. A súa loita terminou coa promulgación da Lei Sáenz Peña, que estableceu o voto obrigatorio, secreto e universal (aínda que non incluíse ás mulleres).
Era coñecido como O Peludo polo seu carácter pouco sociábel e introvertido. Filosoficamente foi asociado co krausismo español.
O impulso inicial da conquista dos dereitos democráticos viuse freado ao non controlar o Senado e tamén o goberno de moitas provincias. Yrigoyen recorre entón á intervención federal nas provincias, profundando o enfrontamento cos sectores conservadores.
Economicamente, a Arxentina benefíciouse da primeira guerra mundial, coa apertura dos mercados aos seus produtos primarios (carne e cereais) que eran a base da súa riqueza. A Arxentina era coñecida como o celeiro do mundo e tiña un dos máis altos PIB por habitante.
A pesar das súas medidas de carácter social, como o descanso remunerado os domingos, por acción ou omisión deixou que sectores militares reprimisen os movementos dos traballadores e das minorías.
Ao non ser reelecto conforme decisión constitucional, foi sucedido por Marcelo Torcuato de Alvear, líder da facción antipersonalista do seu partido.
Ao ser reelecto, Yrigoyen xa se encontraba vello e estaba rodeado de asesores que, ao lle falaren das oposicións socialista e conservadora, ocultaban a realidade, filtrando así o acceso ao que acontecía no país e no mundo (era coñecido como o Diario de Yrigoyen).
A situación económica tornouse grave cos primeiros sinais da Gran Depresión, e os sectores do exército simpatizantes do fascismo e os intelectuais, como Leopoldo Lugones, conspiraban abertamente por unha mudanza do réxime.
Finalmente, o 6 de setembro de 1930 Yrigoyen foi deposto por un golpe militar dado por José Félix Uriburu.
Despois da súa deposición, Yrigoyen foi detido e confinado na Illa de Martín García. Faleceu en Buenos Aires a 3 de xullo de 1933. O seu funeral foi acompañado por unha enorme multitude.
Presidente da Arxentina | ||
---|---|---|
Segue a: Victorino de la Plaza |
Hipólito Yrigoyen | Precede a: Marcelo Torcuato de Alvear |
Unión Cívica Radical - UCR |
Presidente da Arxentina | ||
---|---|---|
Segue a: Marcelo Torcuato de Alvear |
Hipólito Yrigoyen | Precede a: José Félix Uriburu |
Unión Cívica Radical - UCR |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.